PARTE I
A proposta dende a Especialidade de Ourivaría que presento a continuación está aberta aos alumnos de Superior, Iniciación, Básico e Avanzado ou a todas aquelas persoas que queirades participar.
Unha das miñas artistas favoritas é Nora fok, esta artista británica constrúe as súas obras-xoias tecendo filamentos de nailon empregando nada mais que ferramentas básicas e as súas máns, inspirándose na natureza, nos átomos e nas moléculas.
|
Anel Nora Fok |
Servindo de inspiración, esta proposta é algo creativo e divertido para a cal non se requiren coñecementos previos, tomadeo como un xogo creativo que podedes facer en compaña dos nenos, e divertirvos un rato.
O que imos construir é un colar ou centro de gargantilla con materiais que teñamos por casa, eses materiais que podemos reciclar, transformar e darlle un uso non habitual aproveitando as súas características de cor, flexibilidade, textura, maleabilidade, posibilidade de tranformación, etc., como por exemplo:
- Plásticos: envases de botellas auga, lixivia, deterxente, luvas, acetatos, film transparente, cuberterías plástico ...
- Tecidos: lá, fieltro, tecido, tul, organza ...
- Madeira: restos de madeira, paus xelados ...
- Papel (cartulinas, folios, cartón papel hixiénico ...
- Outros materiais e ferramentas: pegamento, silicona, cuter, serra, lapices de cor, pinturas, agulla e fío ...
- Etc.
Para que vos inspiredes poño outros exemplos, tamén fixádevos en como se articulan e suxeitan os distintos materiais, hay que ser creativos, buscar a sinxeleza e a orixinalidade:
|
Broche de Fabiana Gadano - Untitled Botellas de Agua y plático PET |
|
Colar Rebecca Hannon madeira pintada |
|
Colar de Kate Furman - madeira
|
|
Colar Annemieke Broenink - caucho |
|
Broche de Niki Stylianou - luvas de goma e fio textil |
|
Colar de Myung Urso |
|
Colar de Mikiko Minewaki - plástico |
|
Collar de Joohee Han - Metal y Bolsas de plástico |
|
Pulseira de Margaux Lange - Prata e Barbies |
Espero que vos gusten estos exemplos, intentade cousas sinxelas, limpas, combinade armoniosamente as cores, as formas e as texturas que son a base do deseño.
Todos a traballar e cando teñades amosade as vosas creacións, seguro que saen cousas moi interesantes, animádevos e contade a vosa experiencia e imaxes nos comentarios do blog.
E sobre todo creatividad e orixinalidade!!!
Sandra eres una pro
ResponderEliminarGracias Fredy ;D, anímate a ver que sale, yo en cuanto tenga un rato me pongo a dibujar manos ;DDD
ResponderEliminarProbando, probando, segunda vez que escribo este mensaje. Aquí Marta de segundo de Ourivaría! Saludos a todas y coidádevos!!
ResponderEliminarIgualmente Marta ;D! Grazas anímate que seguro que sae unha boa peza.
ResponderEliminarUn saludo grande
Qué boas ideas!
ResponderEliminarQue bonito proxecto!! Sandra encántame a idea. Un bico de Leticia e Leda
ResponderEliminarMoitas grazas ;D
Eliminar