martes, 31 de marzo de 2020

Entrevista a Fernando Vicens [COIRO]

Hoxe falamos con Fernando Vicens, artesán do Coiro cunha longa traxectoria que na actualidade ten o seu obradoiro en Marín.
-¿Cómo empezaches no coiro?
Fernando no seu Obradoiro.
-Comecei fai 26 anos como curiosidade, nun curso de coñecementos básicos.

-¿Qué ten o coiro que non teña outro material?
-Ten características únicas, como poden ser:
É un material orgánico.
Se poden conseguir un gran abanico de productos funcionáis, ademáis de decoración entre
otros.
Moi resistente e duradeiro.
A hora de traballalo, poden aplicarse moitas técnicas diferentes, sen empregar un gran
esforzó físico.
E un material limpo, do que pode aploveitarse casi o 100% a hora de elaborar todo tipo de
pezas.




-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a tua favorita?
-En xeral e o conxunto das diferentes técnicas que emprego a hora de realizar un peza, dende a
idea inicial ata que a dou por rematada. Pero se teño que elixir unha sería o repuxado.

Funda de Coitelo

-¿Qué peza tes ganas de facer e ainda non fixeches?
-Unha silla de montar.

-¿Qué consello lle darías a alguén que está a empezar?
-Non ter medo a equivocarse, sempre se pode desfacer a peza ou modificar a idea inicial.






-¿Tes alguna ferramenta especial?
A máquina de coser de Fernando
-Ademais das feramentas manuais indispensables, teño unha troqueladora, unha maquina de
coser de triple arrastre e un rebaixadora que me permiten realizar traballos en serie.

-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
-Non teño un referente concreto, vou documentándome con fotogrfias, materiais…
dependiendo da peza a relizar. O mais inspirador e o propio material.





Bolso con Motivo Animal

Carteira Repuxada



Funda de Pandeireta

Lámpada de Mesa




Fernando Vicens García
Taller de Marroquinería F.Vicens
Avenida de Orense Nº45 Local 9
CP36900 Marín-Pontevedra
Tlf 609 88 41 06
Correo: nandovicens@yahoo.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!