Cousas a ter en conta:
- O pincel para o estarcido ten que ter forma redonda e cerdas curtas e iguais. Se non tedes na casa podedes fabricar un. Preme no titorial para facer pincel de estarcido aquí.
- Se non tedes pinceis podedes usar esponxa ou trapos. Empapar de tinta e descargar con suavidade primeiro noutro soporte.
- Aplicación da tinta con pequenos golpes secos e circulares
- As plantillas teñen que estar ben fixadas á superficie para evitar emborronamentos e enchoupamentos de pintura. O resultado queda mellor degradado que enchoupado.
- Se facedes un deseño con varias tintas esperade a que seque a primeira para aplicar a segunda.
Xa que estamos na casa podemos aproveitar para aplicar esta técnica artística na decoración, aquí tedes un titorial de cómo facelo: https://www.decoora.com/decora-con-la-tecnica-del-estarcido-paredes-y-muebles/
Enlaces relacionados:
https://www.stencilrevolution.com/
Aproveito para recordar ao grupo de Básico que repase o que vimos nas clases sobre as aplicacións desta técnica ao longo da historia ata artistas actuais
:https://culturainquieta.com/es/arte/street-art/item/12876-blek-le-rat-la-gran-influencia-de-banksy-y-padre-del-stencil.html
https://elpais.com/cultura/2018/10/08/actualidad/1538986454_703134.ht
Imaxe das primeiras aplicacións desta técnica na Cova das mans, en Arxentina
Animádevos a compartir aquí a vosa experiencia facendo estarcidos na casa. Ánimo!
Que interesante, fácil e con múltiples aplicacións!!
ResponderEliminarQue buena información. Muy completa
ResponderEliminar