xoves, 26 de marzo de 2020

Retrato. Auga e cor [DEBUXO]

Para o alumnado dos grupos Superiores.
Aínda que temos tarefas pendentes,  todas as persoas que rematastes xa o autorretrato, imos comezar cun tipo de proposta en retrato máis áxil e aplicando xa cor.

Materiais:

1. Traballaremos na libreta de acuarela que mercaramos o ano anterior
2. Caixa de acuarelas de 12 cores
3. Pincel de carga de auga
4. Lápis HB
5. Estilógrafos ou rotuladores

Proceso:

1. Comenzaremos facendo a parte probas de cor carne e escalas cromáticas desas cores; unhas sairán máis rosadas, outras máis amarelas.
Lembrade: amarelo e maxenta, escurecemos co azul.  Probade utilizando co branco e sen o branco só engadindo máis auga. Valorade os resultados.

2. Imos debuxar do natural, polo que necesitaremos un modelo que vos pose. O tempo de posado non debe superar a media hora, cronometrade o tempo. Se non tedes modelos seguides estudando o voso rosto desta vez con esta técnica

3. Comezo co lápis calcando moi pouco, estructura da cara cos eixes como fixéramos na aula. Engado os elementos pero non defino, só os ubico. Isto non máis de 10 min.

4. Mancho coas acuarelas, deixo as zonas de luz reservadas e aplico os tons máis claros, deixo que seque un pouco e aplico os medios.
Lembrade que seguimos debuxando pero con mancha, non se trata unicamente de cubrir o anteriormente feito: estamos debuxando.

5. Deixamos secar e rematamos co estilógrafo, agora me concentro moito nos elementos da faciana e aplico o que xa sabemos e que puxemos en práctica anteriormente. Podedes tamén rematalo cun rotulador, ou cun lápis brando, tamén funciona moi ben.

Déixovos varios exemplos realizados deste xeito con distintos acabados. Lembrade que é unha práctica de axilidade tanto de observación como de execución.

Ánimo e non teñades medo, aplicade o que sabedes que xa é moito. Pero tedes que ter moita concentración e a persoa que pose non se pode mover moito. A min funcióname moi ben ir pechando un ollo







Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!