martes, 24 de marzo de 2020

Gaitas do mundo: Northumbrian Smallpipe [CAIM GAITA]



A Northumbrian Smallpipe é unha gaita de fol e sopro mecánico (barquín), con lengüeta doble no punteiro (palleta). Orixinaria do nordeste de Inglaterra, é unha das gaitas mais evolucionadas, e moi semellante á Uillean Pipe irlandesa en moitos aspectos.




O intrumento consta dun punteiro, xeralmente con chaves, e habitualmente catro roncos. O punteiro, de calibre cilíndrico, conta con 7 chaves metálicas polo xeral, aínda que existen algúns con mais chaves.
Debido a que o calibre interior do punteiro é totalmente cilindrico e moi estreito (uns 4,3mm aprox.), o son e moito mais doce e apagado que os punteiros con calibre cónico, como a galega. Unha peculiaridade é que ten o extreno inferior completamente pechado, polo que cada nota se produce polo levantamento de un só dedo ou a apertura dunha chave de cada vez,




A descripción mais antiga coñecida deste instrumento atópase no manuscrito Talbot, aproximadamente no 1695.

De seguido deixovos un par de videos para que poidades escoitar o maravilloso son desta gaita, e algunhas ligazons interesantes.











2 comentarios:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!