Proceso de restauración dun libro do fondo histórico da nosa Biblioteca |
Comentabamos nunha entrada anterior que a preservación e a conservación son fundamentais na actividade bibliotecaria, dado o carácter perecedoiro dos soportes.
Os obxectivos da preservación son:
A preservación, que comprende a conservación e a restauración, non debe ser considerada só como unha actividade técnica senón como unha tarefa de xestión prioritaria na biblioteca e á que se debe destinar o orzamento necesario.
A parte das medidas preventivas existen outro tipo de actividades que buscan recuperar o estado orixinal dos materiais, trátase da restauración.
A restauración comprende as técnicas e procedementos utilizados para reparar os danos producidos polo uso, o tempo e o desgaste dos materiais de arquivos e bibliotecas. Aínda que antigamente tratábase dunha actividade artesá, sen criterios uniformes, hoxe esixe unha planificación detallada e precisa.
Os criterios que deben guiar a restauración son:
- Respecto á orixinalidade da obra e a súa autoría. Descartando calquera manipulación que supoña variacións na súa integridade material.
- Inocuidad para a obra.
- Identificación dos elementos e zonas intervidas.
- Reversibilidad dos produtos incorporados á obra por se houbese que proceder á súa anulación ou substitución.
A continuación déixovos dous vídeos:
O primeiro sobre o proceso de restauración de papel que se fai no Arquivo Xeral de Gipuzkoa no segundo Alicia Barreto, conservadora do Museo Figari de Montevideo explica o proceso de restauración dun libro.
O primeiro sobre o proceso de restauración de papel que se fai no Arquivo Xeral de Gipuzkoa no segundo Alicia Barreto, conservadora do Museo Figari de Montevideo explica o proceso de restauración dun libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!