mércores, 25 de marzo de 2020

Jun Kaneko. Fremont project [CERÁMICA]

Neste documento audiovisual o ceramista xaponés residente en Estados Unidos Jun Kaneko, descóbrenos os segredos do proceso de creación dos seus famosos DANGOS (boliños en xaponés), onde estas xenerosas formas orgánicas de máis de 3 metros de altura, son utilizadas como lenzos polo autor e sobre elas pon en práctica unha multitude de técnicas cerámico- pictóricas ao servizo das súas concrecións abstractas.

Kaneko nace en 1942 en Nagoya (Xapón), onde estuda pintura. En 1963 chega a Estados Unidos onde estuda cerámica con Peter Voulkos e Paul Soldner. O seu traballo forma parte das principais coleccións de arte contemporánea, así como de prazas e rúas de moitos países, xa que realizou mais de 25 intervencións de arte pública.


2 comentarios:

  1. Interesante tamén a súa faceta como escenógrafo e deseñador de vestiario para pezas de ópera. En canto as súas pezas cerámicas, decir que son moi fan. Gústame cando no Video do post, as transportan no camión. O momento da construcción dos “Dankos” é ver todo o proceso dentro do forno tamén.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!