martes, 24 de marzo de 2020

Gaitas do mundo: Torupill (Estonia) [CAIM GAITA]

A torupill (literalmente "instrumento de tubo" ou "tubo musical", tamén coñecido como kitsepill, lootspill, kotepill) é un tipo de gaita de Estonia.

Torupilli mees Tiisu HINDREK (1898)
(foto de H Tiiderman)

Non está claro o momento exacto no que a gaita se estableceu en Estonia. Puido ter chegado cos alemáns, pero un análisis da música de gaita no oeste e no norte de Estonia tamén mostra unha forte influenza sueca. O instrumento popularizouse en toda Estonia, pero goza de especial tradición na zona occidental e septentrional do país, cuia música folklórica presenta características propias e arcaicas que se teñen mantido durante longo tiempo. Máis tarde, cando o violín ocupou o papel protagonista na música popular, moitas melodías de gaita foron transcritas para él.


A gaita estonia consta de fol, soprete, punteiro, e 1, 2 ou raramente 3 roncos


O punteiro ( "sõrmiline", "putk", "esimik", etc) é de lengüeta simple de caña, o que nos chamamos pallón
( "piuk", "roog", "raag") e está feito de madeira de enebro, piñeiro, freixo o, máis raramente, dun tubo de cana de azúcar. Ten 5 ou 6 furados. No seu extremo inferior practicabanse as veces 1 ou 2 furados nun lado, polos que podían introducirse pallas ou ramas a fin de controlar a afinación.    


Os roncos ( "passitoru", "kai", "pill", "pulk", "toro") son tubos de madeira, distintos en forma e diámetro. O número de tubos determina a súa lonxitude. Si só hai un, éste é bastante longo. Si son dous, ambos son mais curtos. Téñense atopado poucos exemplares de gaita estonia con 3 roncos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!