"Conversaciones con Hergé" de Numa Sadoul, é un libro clásico, no que Hergé queda espido dun xeito insólito ante un xove xornalista que non dá creto. Este documental trata sobre este libro.
luns, 23 de marzo de 2020
Conversas con Hergé [DEBUXO]
Este ano, na parte que corresponde a historia co grupo Medio, visualizamos dúas películas: a de Tomi Ungerer, do que nos namoramos polo seu carisma e humanidade, ademais de pola súa obra tan deliciosa e a de Robert Crumb, cun carácter ben distinto do anterior, pero sobre no que tamén é recurrente o sexo como tema, pero abordado dun xeito ben diferente ao de Tomi. Hoxe deixovos un terceiro autor de banda deseñada, Hergé. Outro tipo de personalidade, outro tipo de obra, o que nos demostra que o contexto, as circunstancias, a educación recibida e o como un se enfronte a todo iso, en este caso a través do debuxo, condicionan as obras dos artistas. O sexo tamén está presente, no caso de Hergé, dun xeito reprimido.
"Conversaciones con Hergé" de Numa Sadoul, é un libro clásico, no que Hergé queda espido dun xeito insólito ante un xove xornalista que non dá creto. Este documental trata sobre este libro.
"Conversaciones con Hergé" de Numa Sadoul, é un libro clásico, no que Hergé queda espido dun xeito insólito ante un xove xornalista que non dá creto. Este documental trata sobre este libro.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Interesante o libro de Hergé. Acórdaste de cando fomos co alumnado de escultura e talla, debuxo e serigrafía a ver o documental de Tomi Ungerer en Libros para Soñar?
ResponderEliminarhttp://serigrafiaemao.blogspot.com/2014/10/documental-de-tomi-ungerer-en-libros.html