A exposición Serigrafía Galega 1971 reuniu no seu día a 19 artistas
plásticos galegos, nomes que hoxe son ineludibles na historia da pintura
galega.
Como colofón á exposición "Serigrafía galega 1971. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez", que a EMAO -en colaboración coa
asociación Legado Activo Beiras Cal (LABC)- programou no Espazo EMAO ata
o vindeiro venres día 5 de xuño, neste Venres da EMAO achegarémonos a
eles -coa secretaria do
LABC, Carme Varela- a través da ollada de especialistas e familiares que
nos falarán sobre o momento creativo no que se atopaban cando se
embarcaron na aventura de protagonizar a primeira colección de
serigrafía da arte galega.
Presentado por Darío Basso e Alba
Pardo (comisarios da exposición e mestres de Pintura e Serigrafía
artística, respectivamente, da EMAO)
Data: 29 de maio de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
xoves, 28 de maio de 2026
29-5-2026. Venres da EMAO presenta "Nesta casa hai un artista. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez" [SERIGRAFÍA E PINTURA]
xoves, 9 de outubro de 2025
Anyck Álvarez premio excelencia na Bienal de Serigrafía de Tokio [SERIGRAFÍA]
A nosa alumna de Avanzado de Serigrafía Artística Anyck Álvarez Kerloch acadou o premio a excelencia na Bienal de Serigrafía de Tokio cunha peza que veredes proximamente na exposición de proxectos do alumnado. Parabéns Anyck!
The 10th NBC Meshtec Tokyo International Screen Print Biennial Announcement
of the awardees
![]() |
| Mañana |
luns, 2 de xuño de 2025
xoves, 29 de maio de 2025
30-5-2025. Venres da EMAO presenta "Entretintas. Taller de grabado" [SERIGRAFÍA]
Presentado por Alba Pardo (mestra de Serigrafía artística da EMAO)
Data: 30 de maio de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 26 de maio de 2025
Entretintas taller de gravado [SERIGRAFÍA]
Este venres teremos na escola a presentación do taller de gravado Entretintas de Bilbao, Omer Zaballa falaranos de cómo foi a súa creación e da execución das edicións realizadas xunto ao artista e exalumno de serigrafía da EMAO Peri Helio.
Omer Zaballa é gravador, profesor e director do taller de gravado Entretintas. Especializado en grafica contemporánea e gravado. O seu enfoque artístico combina a técnica tradicional do gravado cunha mirada critica cara á historia e a sociedade contemporánea.Ten formación en restauración e conservación de bens culturais na Universidade do País Vasco (Bizkaia), paralelamente completou a súa formación en La Taller taller de gravado (Bilbao), Casa Falconieri (Sardeña, Italia), Fundación Mirou (Mallorca), Art Print Residence (Barcelona), Fundación CIEC (Betanzos, Coruña), entre outros.
En 2022 Creou a canle de Youtube “ENTRETINTAS” dedicado á divulgación do gravado e a obra gráfica. A través deste medio, realiza entrevistas e reportaxes sobre a historia do gravado, visita a talleres, museos e exposicións.
En 2023 inaugura o taller de gravado Entretintas no que é o director onde se imparten clases de gravado, fanse pequenas exposicións vinculadas ao a gráfica e realízanse edicións para outros artistas. Como artista recibiu números premios e bolsas, destacando o Premio Nacional de xoves creadores da Calcografía Nacional (Madrid) en 2019. Con exposicións individuais e colectivas por todo España, Francia, Italia, Inglaterra, Polonia, Hungria, Serbia, México e Arxentina.
Peri Helio, obra gráfica [SERIGRAFÍA]
Este venres teremos a presentación do taller de gravado Entretintas de Bilbao e a parte de amosar a creación do taller, Omer Zaballa e Peri Helio, ex alumno da escola, falarannos de cómo crearon edicións de obra gráfica xuntos e este ano participaron no FIG, Festival Internacional de Gravado.
Deíxovos aquí un enlace con información sobre o traballo de Omer Zaballa e o seu taller. Nesta entrada centrarémonos no traballo de Peri, ex alumno de serigrafía.
En torno ao 2005 a obra de Peri Helio comeza a adquirir unha linguaxe propia que definirá o seu estilo actual, creando un universo particular de carácter onírico, con claras evocacións e influencias do surrealismo e o simbolismo. Tras a súa estancia en Tenerife entre 2007 e 2008, onde desenvolve a súa actividade artística xunto ao colectivo local Os Chinijos Do Millo, tende a traballar en murais de formato cada vez maior á vez que participa en diversos festivais de arte urbana, como o Desordes Creativas, e a súa carreira profesional oriéntase definitivamente cara á arte. Paralelamente á súa obra mural, Peri empeza a traballar sobre papel, coa tinta como un dos seus materiais preferidos. Desde hai algúns anos envorcouse no mundo da estampaxe.
Tras estudar serigrafía artística na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), Peri monta o seu propio taller taller de serigrafía, no que desenvolve actualmente o seu traballo, e ademais realizou estudos de xilografía no Centro Internacional da Estampa Contemporanea (CIEC) de Betanzos, onde acode periodicamente para traballar nos talleres libres. Ao longo de todos estes anos Peri realizou numerosos murais en diversas cidades de España, Italia, Portugal, Francia ou Alemaña e participado en festivais de arte urbana como o IBUG, Desvelarche ou Desordes Creativas entre outros. Ademais, realizou exposicións, tanto individuais como colectivas, en diferentes espazos e países como o Museo de Pontevedra (Pontevedra, España), o Museo de Arte Contemporánea de Puerto del Rosario (Tenerife, España), o Forum de Maia (Maia, Portugal), o espazo BECUH (O Porto, Portugal), Mambo Gallery (Vigo, España), La Frontera (Roma, Italia)… e o seu traballo foi publicado en diversas revistas e libros tales como “Os nomes esenciais do Grafiti e a arte Urbano español”, da Editorial Lunwerg, ou o primeiro volume de “Street Art & Grafiti. Vol.1”, de Fronteira Do Caos Editores.
Crítico coa sociedade actual, filósofo visual da condición humana, cunha clara conciencia ecolóxica e, sen dúbida, observador da natureza e os seus cambios. Todos estes son aspectos da miña personalidade que se evidencian na linguaxe metafórico da miña obra. Aínda que a miña carreira artística está intimamente ligada á arte urbana e ao espazo público, na actualidade no meu proceso creativo combínanse diversas disciplinas entre as que destacan a pintura mural e o debuxo, aínda que sen dúbida a serigrafía e o mundo da estampaxe en xeral cobran cada vez máis importancia… esta variedade axudou ao desenvolvemento do meu proceso creativo á vez que enriqueceu a base conceptual da que parten os meus traballos.
xoves, 12 de decembro de 2024
Presentación do libro "Lo tengo en vinilo" de Oscar Avendaño. Portada de Tamara Roca. [SERIGRAFÍA][DEBUXO]
mércores, 24 de abril de 2024
Exposición Colmeiro, punta seca [SERIGRAFÍA]
Visitamos a exposición Colmeiro, punta seca presentada pola Fundación Laxeiro e composta por corenta e oito gravados de Manuel Colmeiro (1901-1999) datados entre finais dos anos trinta e a década dos corenta, algúns deles inéditos, que foron reunidos e publicados nunha carpeta en 2022 pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, de Ribeira. Estes corenta e oito gravados están expostos xunto ás matrices orixinais.
luns, 22 de xaneiro de 2024
venres, 19 de xaneiro de 2024
Venres da EMAO. 19-1-2024. Clothilde Frappier. A orixinalidade da arte múltiple [SERIGRAFÍA]
Clothilde Frappier é unha artista formada en Francia na Escola de Belas Artes de Saint-Etienne e na Escola de Artes Decorativas de París; foi residente como artista investigadora en gravado na Casa de Velázquez en Madrid durante dous anos. A súa afección pola técnica, as ferramentas e os oficios artesanais levouna a formarse e traballar en distintos talleres e con impresores e profesionais da arte gráfica.
No seu traballo considera a repetición como fonte de inspiración. A imaxe nunca existe soa senón formando parte dunha serie de etapas e procesos de transformación.
Dando a volta á noción de "orixinal múltiple", falará do seu proceso creativo baseado na diferenza, o erro e o imprevisto.
O seu traballo sitúase na fronteira entre arte e artesanía, reflexionando sobre a beleza do saber facer, do xesto e da técnica na arte contemporánea.
Presentado por Alba Pardo (mestra de Serigrafía artística da EMAO)
Data: 19 de xaneiro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
luns, 15 de xaneiro de 2024
Clothilde Frappier. A orixinalidade da arte múltiple [SERIGRAFÍA]
Clothilde Frappier é artista formada en Francia na escola de Belas Artes de Saint-Etienne e na Escolas de Artes Aplicadas de Lyon e de Artes Decorativas de Paris (ENSAD). A súa afección pola técnica, as ferramentas e os oficios tradicionais levouna a formarse e traballar en distintos talleres e con impresores e profesionais da arte gráfica. Fixo prácticas nos obradoiros de Edicións Robert e Lydie Dutrou, centro da estampa e do libro de bibliófila, Taller Gravura, Malaga. Formación con Henrik Boegh en gravura non toxica, Taller A Fleur de Pierre, impresores en litografía en Paris, Taller Tchikebé, impresores e editores en serigrafía en Marsella, O mono da Tinta, Madrid, formación en fotograbado con Juan Lara edicións Ogami Press, Fundación Museo de Artes do Gravado, Ribeira, formación en Gravado 3D con Jose Funetes Universidade de Salamanca e residencias en investigación en Citeina deas Arts, St Denis, residencia de produción na galería A Liña Alternativa St Denis, a Reunión coa artista Gabrielle Manglou, residencia de produción no Centro cultural a Maison du Boulanger, Troyes, coa deseñadora vestiario Caroline Martin e residente como artista investigadora en gravado, a Casa de Velázquez durante dous anos.
Na súa experiencia en docencia destaca a súa asistencia como profesora de gravado na Escola Superior de Arte e Deseño Parsons de Paris e como profesora de debuxo e estampa no Paris College of Art, Universidade Americana de Arte e Deseño e profesora de gravado na Escola Superior de Arte da illa de Reunion.
Dando a volta á noción de "orixinal múltiple", este venres falaranos do seu proceso creativo baseado na diferenza, o erro e o imprevisto. O seu traballo sitúase na fronteira entre arte e artesanía, reflexionando sobre a beleza do saber facer, do xesto e da técnica na arte contemporánea.
Recordamos que o ciclo de actividades dos Venres da Emao están abertos a todo o público ata completar aforo, vémonos!
luns, 23 de outubro de 2023
Fotos da Presentación da Presentación de AGPI e a Conferencia de Tomás Hijo [VENRES EMAO]
![]() |
| Sergio Covelo, Laura Romero, Alba Pardo e Federico Fernández |













.jpg)








































