Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de maio de 2026

Visitas guiadas á Exposición "Serigrafía galega 1971. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez" [ESPAZO EMAO]

 

Continúan as visitas guiadas á Exposición "Serigrafía galega 1971. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez", que a Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo (en colaboración coa Asociación Legado Activo Beiras Cal e a familia Álvarez Blázquez), presenta no Espazo EMAO dende o pasado 24 de abril ata o vindeiro 5 de xuño de 2026.

As visitas guiadas para grupos, cunha duración aproximada de UNHA HORA, poderán concertarse, mediante solicitude por correo electrónico (ao enderezo emao@vigo.org) na que deberán indicar a opción escollida, para as seguintes datas e horarios:

De luns a venres (laborables):
  • De 12.00h a 13.00h
  • De 13.00h a 14.00h
  • De 19.00h a 20.00h (excepto os martes 19 e 26 de maio)
- Tras a solicitude, a visita confirmarase, no seu caso, mediante a remisión pola EMAO do correspondente correo electrónico no que se concretará a data e horario dispoñible.
- As visitas están pensadas para un máximo de 2O persoas, polas características da sala e da propia exposición.
- O horario normal de apertura da exposición é de 19.00h a 21.00h, de luns a venres laborables.

xoves, 7 de maio de 2026

Saída Cultural á Coruña [OUTRAS NOVAS]

Fundación Barrié A Coruña
 
Este pasado martes 5 de maio, as especialidades de Ourivaría e Serigrafía da nosa Escola, organizaron unha saída cultural a cidade da Coruña, na que visitamos a exposición Lalique. La belleza en el art nouveau y en el art déco, na Fundación Barrié.

Esta é a meirande exposición organizada ata a data en España sobre a obra de René Lalique (Ai, 1860-París,1945), mestre do art nouveau e o art déco, quen redefiniu a relación entre arte, deseño e industria e marcou un antes e un despois na historia do deseño europeo do cambio de século.

Con preto de 300 pezas, principalmente xoias e obras en vidro, xunto con debuxos e outros obxectos como espellos ou téxtiles, a exposición explora o talento polifacético de René Lalique a través dun percorrido pola súa fascinante traxectoria, con especial atención a súa faceta de xoieiro. As súas creacións amosan a súa capacidade innovadora e o xeito en que renovou a arte da xoiaría.
 
 
Fundación CIEC (Betanzos)
 
Pola tarde e para rematar a xornada visitamos a Fundación CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea, unha institución sen ánimo de lucro constituída en Betanzos (A Coruña) en 1997. O seu obxecto principal é a promoción e difusión da arte gráfica.

A Colección da Fundación CIEC ofrece unha ampia visión da gráfica contemporánea, dende as linguaxes máis realistas á abstracción, variantes que se acentúan pola diversidade de técnicas na consecución dunha estampa.

Nela atópanse representadas/os grandes mestras/es que ceden relevo a artistas consolidadas/os e a novas/os creadoras/es formados nos talleres do centro ou nas facultades e escolas de arte de todo o mundo. Barjola, Canogar, David de Almeida, Genovés, Jordanov, Gabriella Locci, Antonio Lorenzo, Maruja Mallo, Picasso ou Saura son só un exemplo das súas máis de 3000 obras.

Tamén queremos dar as grazas a Tonecho da Fundación Barrié e a María da Fundación CIEC polo seu tempo e por compartir connosco a súa experiencia e os seus coñecementos. Non me equivoco se afirmo que foi unha xornada moi enriquecedora para todas e todos.

venres, 17 de abril de 2026

Resumo en fotos das outras actividades culturais da semana na hemeroteca [OUTRAS NOVAS]

16-4-2026. Presentación e recital teatralizado do libro "O Ring" de Yolanda López [ATENEO ATLÁNTICO] 


 

 14-4-2026. Visita do IES Ricardo Mella á EMAO


13-4-2026. Homenaxe ao Profesor Xesús Alonso Montero [ATENEO ATLÁNTICO]
 

 

luns, 30 de marzo de 2026

Resumo das outras actividades culturais da semana [OUTRAS NOVAS]

 27-3-2026. Última visita guiada á exposición "Noiroeste. A Reserva Occidental". VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO


 25-3-2026. Visita da UNED Sénior. Curso Vigo, historia e patrimonio

 


luns, 23 de marzo de 2026

Resumo das outras actividades culturais da semana [OUTRAS NOVAS]

18-3-2026. Actuación musical de Alejo Amoedo e Nuria Lorenzo [FORUM IEV] 

 

 17-3-2026. Visita do CEIP Manuel Antonio á EMAO


martes, 24 de febreiro de 2026

Visitas guiadas á exposición "Noiroeste. A Reserva Occidental". VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO.

 

Como complemento das actividades programadas ao abeiro da exposición "No(i)roeste. A Reserva Occidental", os próximos venres, días 27 de febreiro, 13 e 27 de marzo, ás 19.00h, realizaranse visitas guiadas polo comisario da exposición e mestre da especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO, Pepe Pereira.

Por motivos de aforo, para a participación na visita guiada será necesario inscribirse previamente na EMAO, por algún dos seguintes medios:

- En persoa, nas dependencias da EMAO (Avenida García Barbón, 5), en horario de 09.00h a 13.00h
- Por teléfono: 986 228 088, en horario de 09.00h a 13.00h
- Por correo electrónico: emao@vigo.org

Lémbrase que a exposición "No(i)roeste. A Reserva Occidental" estará aberta ata o día 27 de marzo, no Espazo EMAO, de luns a venres, de 19.00h a 21.00h

Inscríbete!!!

xoves, 30 de outubro de 2025

Resumo en fotos doutras actividades da segunda quincena do mes de outubro na hemeroteca [OUTRAS NOVAS]

29-10-2025. Presentación do poemario "El sabor poético de Buenos Aires en el Palermo borgiano" de Susana Maceira


28-10-2025. Presentación do libro "Fíos de transparencia acesa. Narrativa, poesía e tradución en Xosé Manuel Beiras"


23-10-2025. Presentación do libro "Para ti, para mi, para ell@s" de Xandro Barberena

 

21-10-2025. Visita do IES A Guía. 2º de FPB á EMAO.


luns, 12 de maio de 2025

Resumo en fotos das outras actividades da semana do 5 ao 9 de maio [OUTRAS NOVAS]

 8-5-2025. Conferencia "Cando Vigo entrou na historia. De Búrbida a Turonio" por Manuel Santos-Estévez [FORUM IEV] 

 

6-5-2025. Presentación do libro "Entre café, espuma y confidencias. El Bar León y su entorno" de Fernando Ferreira Priegue [IEV]

 
 
6-5-2025. Visita á EMAO da Asociación de Mulleres Dorna e do alumnado dos talleres de Estimulación Cognitiva e Autocoidado do Centro Sociocomunitario de Teis.

 

luns, 24 de febreiro de 2025

Resumo en fotos das outras actividades da semana do 17 ao 21 de febreiro de 2025 [OUTRAS NOVAS]

20-2-2025. Conferencia "As ameazas ós ecosistemas de Vigo e da súa contorna" por Fernando Fernández Soto [FORUM IEV 2025] 

 
18-2-2025. O dereito á vida e á morte digna [ATENEO ATLÁNTICO]  
 

 
 18-2-2025. Visita á Escola da Agrupación Amiga do MARCO: Biblioteca, Pintura e Zanfona.
 

 
Fotos cortesía de Chis Oliveira