Aqui tedes algúns dos "culpables" de que a Biblioteca luza tan bonita |
xoves, 22 de decembro de 2022
Resumo en Imaxes da Actividade Cultural na EMAO da Semana do 19 ao 22 de Decembro [OUTRAS NOVAS]
21-decembro-2022. Itsaso Elizagoien Bizente (Etxalar), a trikitilari que fai parte da banda que acompaña ao gaiteiro vigués Carlos Núñez ofreceu unha charla sobre as particularidades da trikitixa e as súas diferencias e similitudes co acordeón diatónico. Organizado por Carlos Quintás, mestre da E-TRAD.
20-decembro-2022. Presentación do libro "Retratos en fite" de Xosé Manuel Beiras, coa presenza do propio autor e Martiño Noriega, presentación a cargo de Laura Caveiro. Organizado polo Ateneo Atlántico.
Visita do IES do Castro á Escola Municipal de Artes e Oficios [OUTRAS NOVAS]
Presentación da Escola na hemeroteca |
Visita ao obradoiro de Ourivería |
Visita á aula de Moda e Confección |
O luthier de zanfona Xaime Rivas |
Os días 13 e 20 de decembro recibimos a visita do alumnado de 1º ESO do IES do Castro. Tras a presentación da Escola e a Biblioteca, visitaron o obradoiro de CAIM (Construción artesanal de instrumentos musicais) gaita e zanfona e as aulas de Ourivaría e Moda e confección.
Esperámosvos para o próximo curso.
mércores, 21 de decembro de 2022
Adeus a Perfecto Costas Otero, antigo alumno da nosa Escola [OUTRAS NOVAS]
Perfecto Costas Otero (1923-2022) |
Este luns pasado deixábanos Perfecto Costas Otero "Pucho", antigo alumno da nosa Escola.
A mediados dos anos 30 do século pasado comezaba os seus estudos na Escola de Artes e Oficios (debuxo de figura e adorno, debuxo de aplicación, debuxo de croquización, modelado e baleirado) a finais dos anos 40 está tamén matriculado en ourivaría. Disciplinas que a recado lle foron de utilidade na súa profesión.
Debuxante e pintor, traballou no deseño de moitas das vidreiras artísticas realizadas pola Cristalería La Belga en igrexas e edificios públicos da nosa cidade. Deseñou entre outras as vidreiras da Igrexa dos Pais Carmelitas ou da Estación Marítima.
Nacido no Berbés, fillo de mariñeiro e pescantina, conservou na súa memoria as imaxes do barrio no que transcorreu a súa infancia. A súa pintura é de temática costumista, os seus protagonistas son pescantinas, carrexonas, patróns e mariñeiros do litoral vigués. Algúns dos espazos retratados son aqueles que observaba de neno, a Igrexa de San Francisco, o antigo Peirao do Comercio, a antiga caseta de medición de mareas, o Areal, o Naútico ou o barrio do Espiñero en A Guía.
Lembrámoslle na inauguración da exposición histórica "A Escola de Artes e Oficios. 130 anos na historia de Vigo" aínda coa alegría e vitalidade de sempre.
Desde aquí queremos enviar o noso máis sentido pésame á súa familia e
amigos. Descanse en paz!
luns, 19 de decembro de 2022
Charla da trikitilari Itsaso Elizagoien na Hemeroteca [OUTRAS NOVAS]
Mércores 21/DEC. 19:30H.
Será na Hemeroteca da EMAO dende as 19:30.
Organiza: Aula de Acordeón Diatónico da ETRAD
Presentación do libro "Retratos en fite" de Xosé Manuel Beiras [OUTRAS NOVAS]
Con Martiño Noriega
Presenta Laura Caveiro
En palabras do propio Beiras, Retratos en fite é unha “persoal evocación de persoas coas que eu tivera trato de amizade ou camaradaxe”. O libro conta con imaxes de Pepe Carreiro. Máis información
mércores, 14 de decembro de 2022
Convocatoria de Becas Xunta de Galicia/Fulbright para Estudos Artísticos en EEUU [OUTRAS NOVAS]
Presentación de solicitudes: desde o 7 de novembro de 2022 ata o 12 de xaneiro de 2023 na páxina web da Comisión Fulbright.
Requisitos: nacionalidade española; estar vinculado/a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos ou traxectoria profesional; dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nun centro estadounidense; coñecemento de inglés adecuado para desenvolver o proxecto.
Dotación da bolsa: viaxe de ida e volta e gastos varios, ata un máximo de $2.600; asignación mensual entre $1.485 e $2.925; gastos de matrícula, taxas obrigatorias e outros gastos necesarios para desenvolver o proxecto presentado ata $10.000; seguro de enfermidade e accidente.
Sesión informativa en liña: xoves 15 de decembro ás 17 h.
Rexistro para a sesión informativa: https://us02web.zoom.us/webinar/register/WN_T3_2w3P7Qtayug9NscUYcQ
us02web.zoom.us
Sesión informativa sobre el programa de becas que permite ampliar estudios artísticos en EE. UU. a españoles vinculados a Galicia.
luns, 12 de decembro de 2022
Venres da EMAO 16-12-2022. Esgrafiados [SERIGRAFÍA]
O esgrafiado é unha técnica ornamental que se utiliza para a decoración no enlucido e revestimento de muros, tanto en exterior como no interior de edificios. Carola Sánchez falaranos de técnicas e revestimentos murais con cal desde a tradición do oficio e das dúas posibilidades contemporáneas.
Venres 16 de decembro ás 19:00 na hemeroteca. Presenta Alba Pardo, mestra de Serigrafía artística na EMAO.
luns, 5 de decembro de 2022
Resumo en Imaxes da Actividade Cultural na EMAO da Semana do 28 de Novembro ao 2 de Decembro [OUTRAS NOVAS]
29-11-2022. Presentación do libro "Un mundo que no vi" de Susana Maceira Quinteiro. Coa participación de Carmen Pérez Pais.
28-11-2022. Presentación do libro "Samaín's party" de Diego Cabrera e Vicente Pedreira.