Amosando publicacións coa etiqueta Ourivaría autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ourivaría autores. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de maio de 2025

Fotos da conferencia de Virginia R. Lorenzo "Técnica, memoria e territorio: un percorrido pola historia de Joyas de la Raspa" [VENRES EMAO]

*Foto de Hugo Izarra

*Foto de Hugo Izarra

*Foto de Hugo Izarra

*Foto de Hugo Izarra

*Foto de Hugo Izarra

*Foto de Hugo Izarra

*Foto de Hugo Izarra

*Foto de Hugo Izarra

 

*Agradecemos a Hugo Izarra, escritor e xornalista, as fantásticas fotos que nos enviou do pasado Venres da EMAO no que Virginia R. Lorenzo, fundadora xunto con Miguel Sánchez-Cantón da marca Joyas de la Raspa, achegounos á intrahistoria da Raspa. Unha tarde inesquecible.

martes, 6 de maio de 2025

9-5-2025. Venres da EMAO presenta "Técnica, memoria e territorio: un percorrido pola historia de Joyas de la Raspa" [OURIVARÍA]

 

Dende o debuxo inicial ata o pulido final, cada peza esculpida no obradoiro de Joyas de la Raspa leva impreso o ritmo do mar e o pulso de quen a crea. Virginia R. Lorenzo, fundadora xunto con Miguel Sánchez-Cantón da emblemática marca viguesa, explora no seu traballo a conexión entre a ourivaría contemporánea, a contorna mariña e a persistencia da memoria. Na súa próxima charla, compartirá a intrahistoria da Raspa e o proceso creativo co que dá forma ás súas xoias, inspiradas na fauna e flora atlánticas e elaboradas con técnicas tradicionais. Unha cita ineludible para comprender a maxia que se agocha tras case catro décadas de experimentación, perseveranza e esforzo constantes.


Presentado por Sandra de Jesus Fernández (mestra de Ourivaría da EMAO)
Data: 9 de maio de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

venres, 4 de abril de 2025

4-4-2025. Inauguración da exposición "Joyas de la raspa 1990-2025" [ESPAZO EMAO]

A EMAO está a homenaxear, cunha exposición por curso, aquelas iniciativas creativas, artísticas e artesás xurdidas, dalgunha maneira, do seu seo; especialmente aquelas que destaquen nalgún dos eixos sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade. Neste curso temos o privilexio de poder amosar a obra dunha das máis salientables e exitosas realidades artísticas e empresariais que tiveron a súa orixe nas ensinazas e obradoiros da escola: a recoñecida marca “Joyas de la raspa”.

"En 1986, á beira do mar, comeza esta fermosa viaxe que ten moito que ver coa vida, co amor, co mar e coa ourivaría. Virginia R. Lorenzo e Miguel Sánchez-Cantón matriculáronse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (daquela baixo o nome de Universidade Popular) en 1987 e 1988 respectivamente, para formarse na especialidade de Ourivaría. Atoparon aquí un modo de expresión, unha linguaxe tanxible por medio do metal para dar forma a súa creatividade. En 1989 naceu a colección “Raspa”, emblema da marca ata hoxe, núcleo e fío condutor da súa xoiaría. Neste tempo, do seu taller naceron máis de duascentas coleccións, a maioría delas xoias de prata, pero tamén pezas de cerámica, coiro, madeira, etc. Todas as súas creacións, as colaboracións con outros artistas, as múltiples exposicións e os dous Premios Nacionais de Deseño recibidos entre outros, brindan a este oficio unha inmensa creatividade, un magnifico deseño e o gusto polo bo facer.

Con esta exposición celebramos que Virginia e Miguel comezaron a súa andaina nesta casa, a EMAO, pero tamén o seu magnífico traballo que observamos a través das xoias de “Joyas de la raspa” dende os seus comezos ata os nosos días, exaltando aquelas obras que foron de gran importancia neste o seu camiño de vida, arte e oficio".

Sandra de Jesus, mestra de Ourivaría da EMAO

 FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: Joyas de la raspa 1990-2025
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 4 de abril ao 23 de maio de 2025
Horario: De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas
Comisariado: Sandra de Jesus, mestra de Ourivaría, e Darío Álvarez Basso, mestre de Pintura.
Artistas: Virginia R. Lorenzo e Miguel nchez-Cantón (Joyas de la raspa)
Cartel e deseño gráfico: David de la Iglesia
Fotografías: Íñigo Martín
Edición e vídeos: Hugo Izarra.
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Virginia R. Lorenzo e Ángel Escaríz, 2025
Axudantes de montaxe: Eduardo nchez Arteaga, Olivia nchez-Cantón e Félix Álvarez.