Publicado en Atlántico Diario. 30-1-2023 |
Publicado en Faro de Vigo. 28-1-2023 |
Esta nova exposición, dada a cantidade de obras participantes, realizarase en dúas partes:
A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2021-22; en concreto, das especialidades de:
FICHA DA EXPOSICIÓN
Nome:
Proxectos 2022 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso
2021-22 -parte 1]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións
da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas
Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 27 de xaneiro
ao 17 de marzo de 2023
Horario: De luns a venres,
laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Alba Pardo
Cartelle, mestra de Serigrafía artística e Pepe Pereira Somoza,
mestre de Artesanía do coiro coa colaboración do profesorado de
Debuxo, Pintura, Talla e escultura en madeira, Ourivería, CAIM
zanfona e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios
de Vigo, 2023
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez
Arteaga
Mércores 25 de xaneiro ás 19:30
O 23 de abril de 1937 nove persoas decidiron acabar coas súas vidas, a bordo do bou Eva, antes de caer nas mans de quen os asediaban. Sería o suicidio colectivo máis relevante de toda a Guerra Civil. Máis información
Biblioteca da EMAO. Rúa García Barbón 5. Vigo
Este mércores 25 de xaneiro ás 19:00 horas, inaugura exposición a nosa mestra de Escultura e talla en madeira, Rosa García será na Sala Maruja Mallo. Baixo o título “Máis aló do lugar habitado” Rosa García condensa varios dos temas recorrentes na súa traxectoria, como os espazos habitados, a Domus e a memoria, baixo a forma de gravado, fotografía e escultura. O seu traballo reflexiona sobre as maneiras de habitar e cohabitar os lugares en relación coa sociedade, o xénero e o medio ambiente.
Non vola perdades!!!
Parabéns ao noso alumno de CAIM zanfona, Emilio Diéguez, polo artigo publicado hoxe no Faro de Vigo pola súa investigación sobre a orixen da zanfona que deu lugar ao zanfonistro, o elo perdido da zanfona medieval, recuperado a partir dunha escultura en pedra da Catedral de León. Este instrumento poderá verse desde este venres na exposición Proxectos 2022 no Espazo EMAO.
Animarvos a visitala!!!
Portada do libro físico |
Índice do catálogo |
Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2021-22
A orixe dos proxectos:
O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2021-22; en concreto, das especialidades de:
FICHA DA EXPOSICIÓN
Nome:
Proxectos 2022 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso
2021-22 -parte 1]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións
da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas
Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 27 de xaneiro
ao 17 de marzo de 2023
Horario: De luns a venres,
laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Alba Pardo
Cartelle, mestra de Serigrafía artística e Pepe Pereira Somoza,
mestre de Artesanía do coiro coa colaboración do profesorado de
Debuxo, Pintura, Talla e escultura en madeira, Ourivería, CAIM
zanfona e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios
de Vigo, 2023
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez
Arteaga
Este vindeiro xoves, 19 de xaneiro ás 19:30, tera lugar a presentación dos números 120 e 121 da revista A Trabe de Ouro na nosa hemeroteca, no acto participarán Xose Luis Méndez Ferrín, director da revista, Fernando de Paz, o seu editor e Rosa López, secretaria de redacción.