martes, 24 de xaneiro de 2023

Rosa García inaugura a súa exposición "Máis aló do lugar habitado" na Sala Maruja Mallo da sede da Deputación en Vigo [OUTRAS NOVAS]


Este mércores 25 de xaneiro ás 19:00 horas, inaugura exposición a nosa mestra de Escultura e talla en madeira, Rosa García será na Sala Maruja Mallo. Baixo o título “Máis aló do lugar habitado”  Rosa García condensa varios dos temas recorrentes na súa traxectoria, como os espazos habitados, a Domus e a memoria, baixo a forma de gravado, fotografía e escultura. O seu traballo reflexiona sobre as maneiras de habitar e cohabitar os lugares en relación coa sociedade, o xénero e o medio ambiente.

 Non vola perdades!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!