![]() |
Portada do libro físico |
Así, a ideación e construción do maxestoso caserío do Ensanche vigués tivo unha relación directa ou indirecta, coas aulas, a biblioteca, talleres da EAO, profesorado e alumnado da Escola. Boa parte das persoas que hoxe recoñecemos como figuras relevantes do acontecer histórico e económico do Vigo moderno e contemporáneo, pasaron, sexa como alumnos, sexa como profesores ou como benefactores, por este edificio emblemático de Vigo. En primeiro lugar, os miles de traballadores e traballadoras que ergueron co seu esforzo a cidade que coñecemos tiveron unha experiencia formativa aquí; moitos deles foron tamén, tralo seu paso pola EAO, os emprendedores que crearon empresas nos máis variados ámbitos da economía: construción naval, artes gráficas, industria do vidro e da electricidade, calderería…
Aquí se formaron tamén artistas plásticos e artesáns consagrados xa de todos recoñecidos; tamén as primeiras mulleres que se incorporaron á unha formación sistemática e a un posto de traballo (coas limitacións propias da mentalidade da época) fixérono primeiro nas aulas.
O profesorado foi tamén un activo fundamental nesta empresa: formárono o máis preparado da sociedade viguesa xogando moitos deles, ao tempo da súa docencia ou posteriormente, importantes papeis con relevantes funcións tanto no Concello de Vigo como na sociedade viguesa. Varios foron primeiro alumnos destacados para logo contribuíren como mestres das novas xeracións de traballadores e estudantes que se matriculaban na Escola individualmente ou enviados polas súas empresas a perfeccionar a súa capacitación básica ou de especialistas.
![]() |
Índice do catálogo |
O libro en papel pódeo solicitar -presencialmente- a persoa interesada na Biblioteca da EMAO, no horario de apertura desta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!