Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2021-22
Esta nova exposición, dada a cantidade de obras participantes, realizarase en dúas partes:
- A primeira, inaugúrase o vindeiro día 27 de xaneiro e estará aberta ata o 23 de marzo.
- A segunda parte exhibirase entre os días 14 de abril e 26 de maio de 2023.
A orixe dos proxectos:
O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2021-22; en concreto, das especialidades de:
- Pintura
- Talla e escultura en madeira
- Debuxo artístico
- Serigrafía artística
- Cerámica
- Artesanía en coiro
- Moda e Confección
- Ourivería
- CAIM-Zanfona
FICHA DA EXPOSICIÓN
Nome:
Proxectos 2022 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso
2021-22 -parte 1]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións
da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas
Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 27 de xaneiro
ao 17 de marzo de 2023
Horario: De luns a venres,
laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Alba Pardo
Cartelle, mestra de Serigrafía artística e Pepe Pereira Somoza,
mestre de Artesanía do coiro coa colaboración do profesorado de
Debuxo, Pintura, Talla e escultura en madeira, Ourivería, CAIM
zanfona e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios
de Vigo, 2023
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez
Arteaga
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!