Amosando publicacións coa etiqueta CAIM Gaita contidos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CAIM Gaita contidos. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de febreiro de 2023

Pito pastoríl galego. Un instrumento de seu. [CAIM GAITA]

Un dos atrancos cos que se atopa o pito pastoríl para aceptación como instrumento, e conseguir normalizar o seu emprego por parte dos músicos galegos, non é outro que os propios músicos galegos, e me explico.

martes, 22 de marzo de 2022

Construcción dunha chave para requinta [CAIM GAITA]

 Deixovos aqui un video, montado a base de fotos, sobre a construcción dunha chave para requinta, de xeito artesanal, partindo dun bloque de latón para o corpo da chave, unha chapa, tamén de latón, para a cazoleta e tubo de latón para a guía do eixo.

Dende o marcado, o recorte con segueta, o forxado a base de calor da zona de pulsado, o conformado con limas da forma final. Confeccionamos a cazoleta a partires dunha chapa de 0,6 milímetros.

Quizais o proceso máis delicado sexa o da soldadura, para a cal empregamos un soprete de xoiería e soldadura de plata, coa que unimos as catro pezas que formarán a chave: corpo, cazoleta, guía do eixo e remache para o muelle. Logo hai que repasar ben todas as soldadiras e pulir a conciencia con lixas, para finalmente darlle na pulidora o acabado brilante.

O último paso sería facer as torres que irán fixas no instrumento, e que serán o soporte da propia chave.




venres, 12 de febreiro de 2021

Novo punteiro de ensaio electrónico. [CAIM GAITA]

 Unha das cousas positivas que nos deixou esta puñeteira pandemia foi a materialización deste proxecto, xestado durante o confinamento e posto en marcha ó remate do mesmo.

Trátase dun punteiro electrónico de ensaio. Non pretende competir coas gaitas MIDI ou electrónicas existentes, xa que non é un instrumento en sí mesmo, senon unha ferramenta de ensaio. A intención dos seus creadores, Javier Ramiro, vigués afincado no morrazo, exalumno do noso obradoiro e, no seu momento creador da sordina para gaita Insogaita, que hoxendía aínda utilizan moitos gaiteiros para os seus ensaios sin molestar demasiado; e

martes, 2 de febreiro de 2021

O doble anelado. Copa do ronco. [CAIM GAITA]

 

Cada vez máis, os músicos buscan un instrumento que, ademáis de ser profesionais, cun son e afinación o máis perfecto posible, posúan unha estética personalizada, incluso nalgúns casos ostentosa. Isto fai que o artesán busque novas propostas, tamén no que ó deseño estético se refire. As opcións son infinitas, só limitadas pola creatividade, tanto de constructor, coma do músico/cliente.

luns, 1 de febreiro de 2021

Gaiteiros ilustres: O Rilo de Betanzos [CAIM GAITA]

Manuel Rilo Pardo

Fillo da moza solteira Antonia Rilo, Manuel Rilo Pardo naceu en San Nicolao de Cis no ano 1829. Este é o dato que figura na súa partida de defunción, se ben a acta do seu segundo casamento no ano 1881, atribúelle corenta anos, o que atrasaría o seu nacemento até o 1841. Os trinta anos de idade de Manuela Couso, a súa segunda esposa, fan sospeitar que o vello gaiteiro declarase unha idade inferior a que contaba na realidade, cincuenta e dous anos. Ferreiro de profesión, Rilo subsistía tamén como labrego e gandeiro, tendo casa no lugar de Piadela. Coñecido polas súas habilidades manuais, sábese que

venres, 18 de setembro de 2020

Pasado e resente do Pito pastoríl na Galicia [CAIM GAITA]

Hoxe quero compartirvos o artigo moi interesante, "Pasado e presente do Pito pastoril na Galicia",

Publicado na revista Aturuxo (nº 19, pp. 48-54, 2019) da Asociación de Gaiteiros Galegos, e escrito por Efraim Díaz. Nel dase conta dos avances nas investigacións sobre este instrumento por parte do IGAESPI (Instituto Galego para o estudo do Pito Pastoríl), dende o século XIX ata a actividade do IGAESPI.

 Pinchar na ligazón para acceder directamente: https://issuu.com/agg./docs/aturuxo19/48

mércores, 1 de xullo de 2020

Madeiras: Cedro Vermello (Thuja Plicata) [CAIM GAITA]

Cedro Vermello (Thuja Plicata)

Preguntarédesvos por que falamos aquí desta madeira se nós non a empregamos no noso traballo
Ben, pois resulta que esa é unha verdade a medias, certo é que nas gaitas ou nas requintas non a usamos para nada, pero o pito leva unha peza dentro da boquilla chamada pistón ou bloque, que é a que conforma a canle do vento e o dirixe cara ao bisel. Pois esa peza faise sempre cunha madeira de densidade e dureza moi inferior á do instrumento. Para este fin empréganse distintos tipo de madeiras, como a pereira ou outras froiteiras, pero a mellor e máis recomendada polas súas características é o cedro.

xoves, 25 de xuño de 2020

O proceso sonoro na frauta de pico. Unha aproximación acústica [CAIM GAITA]


Hoxe traemos un traballo do profesor de frauta de pico do Conservatorio Superior de Sevilla, Vicente Parrilla, onde nos ilustra sobre o proceso de consecución do son na frauta de pico (lease Pito), cunha introducción á física do son deste instrumento, explicando a formación e diferenciación de ondas lonxitudinais e transversais, e diseccionando e explicando cada unha das partes do "voicing" (conxunto de parámetros que atopamos na boquilla da frauta).

luns, 22 de xuño de 2020

Gaitas do mundo: CIMPOI. Romanía. [CAIM GAITA]


Seguindo coa variedade de gaitas no mundo, hoxe traemos a Cimpoi, a versión romanesa e moldava deste instrumento.
A Cimpoi ten un só ronco, chamado bâzoi ou bîzoi (timbre) e o punteiro de calibre cilíndrico, chamado caraba (silbato), e produción de son con cana de lingüeta simple. Esta gaita ten un son máis apagado que as de calibre cónico no punteiro.

venres, 19 de xuño de 2020

Txalaparta, un instrumento euskaldún ancestral [CAIM GAITA]

Ugarte anaiak. Burgui. 2002
A txalaparta é un elemento propio da cultura vasca, unha tradición musical que ten perdurado no tempo e se mantén hoxe en día. Para aqueles que non a coñezades, a txalaparta é un instrumento musical vasco de percusión que precisa de dúas persoas para facelo soar. Cada un destes músicos (txalapartaris) golpea con dous paus verticalmente sobre un soporte composto por varias táboas de madeira,

mércores, 10 de xuño de 2020

Válvula reguladora de ar [CAIM GAITA]

Hai xa uns anos apareceron algúns artiluxios deseñados para facilitar a actividade gaiteiril. Un deles é a válvula de regulación de ar acoplable a ronco, ronqueta ou chillón.
Trátase dunha pequena válvula, que introducida na buxa correspondente permítenos regular a cantidade de ar que recibe o pallón, isto serve para varias cousas; por un lado podemos conseguir que o ronco e o punteiro comezen a soar ó mesmo tempo, evitando o son do ronco antes de comezar realmente a tocar, tamén axuda á estabilidade do son do ronco, sobre todo cando temos que facer algo máis de presión no fol para acceder ó requinteo. Pódese empregar tanto con pallóns de cana coma sintéticos, e o seu custe non é elevado.

martes, 9 de xuño de 2020

Brocas de Canón. [CAIM GAITA]

brocas en espiral
Como sabedes,  no obradoiro da escola empregamos brocas normais de ferro para a perforación dos furados interiores das distintas pezas, o motivo disto é que as brocas específicas para madeira están pensadas para traballos típicos de carpintería ou ebanistería, e non nos ofrecen as características necesarias para traballos de certa precisión.

venres, 5 de xuño de 2020

Unha pequena introdución á acústica musical [caim gaita]

Hoxe imos escribir pouco e ver un vídeo realizado por Jaime Altozano, coa colaboración da Escola de Telecomunicacións do campus sur da Universidade Politécnica de Madrid.
Nel fálanos un pouco de acústica básica, e concretamente de como se forma unha nota músical.
Dun xeito sinxelo introdúcenos en conceptos máis complexos da produción de sons e os comportamentos da vibración.


xoves, 4 de xuño de 2020

Sobre pitos antigos [CAIM GAITA]

O pito galego, tal e como o coñecemos, estivo a pique de desaparecer, Basilio Carril en Santiago, e Paulino Pérez en Lugo, eran os únicos artesáns que continuaban construíndo este instrumento aló polos anos 60. Afortunadamente Antón Corral tomou o relevo na súa construción e mellora e fixo,k grazas a moitos anos de docencia  (os ultimos 20 nesta escola), que hoxe algúns dos artesáns de gaitas tamén constrúan este fermoso instrumento.

mércores, 3 de xuño de 2020

Madeiras: Cocobolo (Dalbergia retusa) [CAIM GAITA]


Traemos hoxe unha madeira que se veu empregando na construción de instrumentos durante os últimos anos, mais que na actualidade o seu uso é residual. Moi apreciada polos gaiteiros por ter unha sonoridade potente e con moitos matices, e pola súa beleza.
Hoxendía está ó borde da extinción, polo que a súa comercialización é moi complicada, e presenta unha complicación engadida, xa que se fai necesario traballala con moita protección, xa que a inhalación do seu po pode provocar problemas respiratorios, e en ocasións reaccións alérxicas na pel.

luns, 1 de xuño de 2020

Evolución da gaita a través do fol [CAIM GAITA]

Fol de cabrito
A evolución da gaita como instrumento non só comprende os cambios sufridos ó longo dos anos en canto a son, afinación e durabilidade, que afectan tanto á súa construción como ós materiais empregados nos tubos sonoros. Unha parte non menos importante nesta evolución témola no fol, tanto no referente a materiais como a ergonomía, que achegan comodidade e adaptabilidade e por suposto maior durabilidade con menos mantemento.

xoves, 28 de maio de 2020

A gaita en fotografías [CAIM GAITA]

Hoxe gustariame compartir con vós esta pequena selección fotográfica da historia da gaita, algunhas están datadas e documentadas, outras por desgraza non, mais todas forman parte da nosa historia e por suposto das nosas raíces.

mércores, 27 de maio de 2020

Gaitas do mundo: Biniou Kozh. Bretaña. [CAIM GAITA]



Hoxe imos presentar unha gaita exclusiva da Bretaña, no noroeste de Francia, que se emprega case en exclusiva para acompañar o baile tradicional bretón.

xoves, 21 de maio de 2020

A Rosca. Gaita de lingüeta simple do Baixo Miño. [CAIM GAITA]

Hoxe imos coñecer, da man do artesán e investigador Pablo Carpintero, esta curiosa gaita que se tocaba en Galiza, pero só na zona do Baixo Miño.
Rosca antiga cedida por Alfonso Álvarez Pousa (Cristelos, Tomiño, Pontevedra).
A parte orixinal corresponde ao tubo cantor, o resto foi reconstruído
polo autor (Pablo Carpintero) seguindo as indicacións do informante.
Colección do autor. Fotografías Alba Vázquez Carpentier.

mércores, 20 de maio de 2020

A Gaita MIDI SGM200 e a Master Gaita Electrónica. [CAIM GAITA]

José Angel Hevia, gaiteiro asturiano, foi o artífice da primeira gaita denominada MIDI ou electrónica, polo que loxicamente estaba inspirada na gaita asturiana.
A idea xurdiu porque os alumnos de Hevia tiñan dificultades para practicar na casa, polo volume e estridencia do son da gaita, asturiana neste caso, pero podemos extrapolalo perfectamente á gaita galega.