Deixovos aqui un video, montado a base de fotos, sobre a construcción dunha chave para requinta, de xeito artesanal, partindo dun bloque de latón para o corpo da chave, unha chapa, tamén de latón, para a cazoleta e tubo de latón para a guía do eixo.
Dende o marcado, o recorte con segueta, o forxado a base de calor da zona de pulsado, o conformado con limas da forma final. Confeccionamos a cazoleta a partires dunha chapa de 0,6 milímetros.
Quizais o proceso máis delicado sexa o da soldadura, para a cal empregamos un soprete de xoiería e soldadura de plata, coa que unimos as catro pezas que formarán a chave: corpo, cazoleta, guía do eixo e remache para o muelle. Logo hai que repasar ben todas as soldadiras e pulir a conciencia con lixas, para finalmente darlle na pulidora o acabado brilante.
O último paso sería facer as torres que irán fixas no instrumento, e que serán o soporte da propia chave.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!