Bleck Le Rat é o pseudónimo de Xavier Prou, un artista urbano parisino dos anos 80 ao que podemos denominar "o pai de Banksy". As súas obra teñen grandes similititudes, de feito Banksy recoñece a influencia deste artista dicindo: "cada vez que creo que pintei algo lixeiramente orixinal, decátome de que Blek Le Rat fixoo mellor, só que vinte años antes."
Quén é entón este pioneiro do stencil, quén é Bleck Le Rat?
Obra de Bleck Le Rat |
Xavier Prou naceu en París no ano 1952 nunha ben posicionada e culta familia. Estudiou Arte na Ecole de Beaux Arts de París onde tivo contacto ca pintura, a litografía de o gravado. Posteriormente formouse como arquitecto o que lle axudou a entender a paisaxe urbana, a relación do espazo co peón e as posibilidades da contorna para ser intervida. Ter mestres troskistas, influenciono e posicionouno políticamente encamiñando o seu traballo cara a denuncia e a reivindicación social.
No ano 1971 viaxa a Nova York, onde descobre o xerme do grafiti que comenza a dar os seus primeiros pasos, "actos bandálicos atribuídos a xóvenes inadaptados de barrios conflictivos" o que posteriormente estopará como un fenómeno cultural e urbano que desembocará na Arte urbana, que xa ten outras características máis semellantes as que aporta Le Rat.
Xermen do grafiti no metro de NY. |
Todos estes feitos, os estudos de arte e arquitectura, o posicionamento político e o coñecemento dun novo movemento como a arte do grafiti xestante, moldearán o fondo da súa obra.
DARLLE FORMA.
Nos anos 30 a propaganda política fascista utilizaba o rostro de Mussolini para encher as rúas de tódalas cidades de Italia. A reprodución desas imaxes, como posteriormente se fixera en España ca imaxen de Franco, realizábase cunha ténica moi sinxela que é o antecedente da serigrafía, a ténica do estencil, ou plantilla. Nos anos 60 ainda quedaban en Italia restos desas imaxes e Xavier, nunha viaxe por Padua cos seus pais a principios desa década, descobre esta técnica grazas ao rostro difuminado do malogrado Mussolini.
Posteriormente nas revoltas estudiantís do maio do 68 utilízase novamente o estencil para a reproducción de imaxes polas rúas de París como ferramenta de propaganda política e a partir do ano 77 o movemento punk retoma a técnica das mans do artista punk pertencente tamén o movemento okupa holandes Hugo Kaagman.
Xavier estará atento a toda esta estética conseguida cas plantillas.
Le Rat no centro. Primeiras obras dos 80. |
Na procura dunha linguaxe propia dentro do movemento do grafiti, Le Rat, xunto con outros colegas comenzan a experimentar con plantillas a principios dos 80. O pseudonimo Le Rat o colle de Bleck le Roc un personaxe dunha serie de BD italiana e fai un xogo de palabras entre ROC le RAT e ART . Unha rata levada a plantilla foi o motivo que durante dous anos circulou polas rúas de París e co que colleu notoriedade Le Rat.
Obsesión polas ratas |
Este foi o primeiro motivo que identificou a súa obra: A sombra dunha rata, unha metáfora que induce a tomar o control da cidade. " Esta idea convertiuse nunha obsesión, trátase dun levantamento, dun sinal de revelión", explicou nunha entrevista con The Independ.
Naquela época de principio dos 80, París era terreo valeiro para a arte do grafiti e a arte urbana. A utilización do espazo público parisino como espazo de intervención, so tivera unha intención política, non artística. As institucións públicas non consideraban o grafiti un problema de orden público, a diferencia do que acontecía en NY, cidade na que había unha guerra aberta entre os grafiteiros e as institucións.
Obra de Richard Hambleton. |
CAMBIO DE FORMATO
En 1983 inspirado pola obra de Richard Hambleton e de Ernest Pignon, artistas que xa utilizaban o espazo urbano para representar a figura humana en tamaño natural, e por esta relaxación policial con respecto a estes actos de "pequeno bandalismo artístico", Le Rat cambia a un tamaño maior as súas pezas e debuxa a figura humana tamaño natural dun ancián irlandés berrando ás tropas británicas en Beltfast.
Obra de Ernest Pignon. Papel pegado. Anos 70 |
A peza do ancián irlandés plasmaráa nas rúas de moitas cidades de Francia e terá moita sona. A partir de aquí a súa obra toma esta liña de series independentes de figura humana en tamaño real.
Primeira figura tamaño natural de Le Rat |
L´ECOLE LE RAT
Le Rat puido actuar tranquilamente ata o ano 1984, que é cando a arte urbana popularízase en París e comenza a "representar un problema para as institucións". A partir do verán de 1984 outros artistas motivados pola obra de Le Rat, lánzanse a crear as súas propias plantillas. Pronto fórmase unha forte escea de artistas urbanos que fai uso tamén do aerosol, o papel pegado e o pincel a man alzada. O fenómeno popularizouse definitivamente en 1986 a partir da publicación no xornal Le Monde dun artigo titulado: "L´ecole de Blek Le Rat".
A escena parisina desta década viviu uns anos de popularidade mediática, pero o fenómeno non foi asimilado polo mundo da arte e pronto foi esquecido. A principio dos 90 pouco quedaba daquela estética que se apartaba do mundo do grafiti para ir un pouco máis alá que as fimas e as tipografías de diversas formas que invadían xa tódalas cidades europeas. Le Rat desapareceu da escena artística.
RESURXIR
A explosión da arte urbana na segunda metade da década do 2000 e os paralelismos ca obra de Banksy, o recoñecemento deste da indudable influencia sobre a súa obra, representará para Le Rat poder despois de 20 anos entrar no mercado da arte. Podemos dicir que o pai, ou os pais de Banksy, que foron aqueles que formaban parte da escena parisina comandada por Blek Le Rat seguen vivos. Le Rat ainda traballa ocasionalmente na rúa pero trasladando a imaxen das plantillas ao papel que logo pega ao modo do seu antecesor Ernest Pignon.
Non é Banksi, é Le Rat.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!