Vija Celmins (Riga, Rusia, 1938).
Cando a comezos da década dos sesenta inicia a súa carreira nos Estados Unidos, o seu traballo exemplifica a posibilidade dunha vía estilística distinta á herdanza dominante legada polo Expresionismo Abstracto norteamericán.
Reducindo a súa paleta á gama de grises e ao uso do grafito, a finais dos anos sesenta, incorpora a fotografía e os recortes de prensa como fontes iconográficas.
Nalgúns dos seus debuxos e pinturas pódese recoñecer a pegada de Jasper Johns, no uso do obxecto cotián para a súa presentación, eliminando o seu valor simbólico.
Celmins susténtase nunha ladaíña de principios de austeridade e esencialidade: “nin composición, nin xestos, nin cor artificial, nin deformación, nin angustia, nin esforzo, nin eco (cadros impasibles)”.
Non hai nos seus cadros, unha figura central na que dirixir a vista a certa parte do cadro, ningunha xerarquía da imaxe na superficie.
É certamente unha imaxe completa: non hai un foco no centro, xa que os extremos, a esquerda e dereita, arriba e abaixo, son tan particulares e sobresaíntes como o centro da composición.
Celmins concreta o seu mundo de referencias ao seu estudo e leva a cabo unha pintura de obxectos cotiáns tomados en primeiro plano, como: unha calefacción eléctrica ou unha pistola recentemente accionada, outorgando a estes obxectos status de imaxes.
O propósito de Celmins é materializar presenzas, que encerran moita tensión, de maneira que a vida deses obxectos se convirtan en novos relatos na pintura moderna.
Os primeiros planos, anula toda posibilidade de crear narracións; doutra banda, demostra tamén o seu interese polas superficies: o océano, a superficie lunar, o deserto ou as galaxias, que aborda mediante a realización de series que revelan a súa viraxe cara á intensidade dunha descrición da superficie.
Os debuxos do océano e o ceo nocturno, fundamentais nas creacións da artista, son obxectos, por suposto, pero foron creados cunha habilidade que debe ser admirada por si mesma, máis ou menos á marxe da imaxe.
No seu traballo, Celmins insiste no principio da arte como representación dunha realidade. Os debuxos e pinturas da artista convertéronse en ensaios cun detallado asombro fascinado, o seu traballo fala da súa crenza nunha arte case mística.
As súas obras confiren ao obxecto un status místico, un sentido esencial adoptando o aura de algo inspirado, grazas ao coidadoso traballo artístico de Celmins.
No caso de Celmins, o grafito (un venerable medio artístico), é fundamental no seu logro como debuxante, como alguén que traballa en estudos moi detallados sobre a auga, que son en si mesmos un repudio silencioso da expresividade egotista.
A serie de debuxos de océanos de Celmins ofrece unha superficie densa e unhas imaxes que son neutrais desde o punto de vista da expresión, ao tratar só de si mesmas, no canto de provocar respostas emocionais co fin de entusiasmar ao público.
Esta neutralidade, aparellada á gran unidade “oceánica” das imaxes de Celmins (case sempre en formato pequeno), dá como resultado unhas obras de arte notables non só pola súa medida e a súa contención, tamén pola súa gran unidade e cohesión.
Os estudos sobre o mar adoitan parecer iguais, pero, por suposto, son diferentes de ínfimas maneiras.
As subidas e baixadas da auga ofrecen ao público de Celmins o sentido da inevitable e constante fluidez do océano, unha imaxe da infinidade nunha dimensión moi pequena.
O xogo da luz e a escuridade nas diminutas ondas dálle un ton luminoso ao debuxo, que é fascinante pola súa reducida perspectiva e o seu detalle.
O mar está destinado a evocar sentimentos de maxestosidade, de tranquilidade, de perda de control en forma de superficie turbulenta.
Os exquisitos detalles e as formas finamente distinguidas avogan por unha comprensión moderada das masas de auga, que se caracterizan non só polas súas dimensións, tamén pola súa imposibilidade de ser controladas.
Os valores tonais, a exquisita densidade e inspirado repouso da súa pintura, contribúen a unha xenuína visión da mediación artística coa natureza.
A artista traballa con densos detalles de forma regular, construíndo unha superficie onde a escuridade serve de base para as picadas de luminosidade.
A tranquila precisión, do traballo de Vija é marabillosamente fermoso, realizando firmes superficies notables, con incalculable e fina distinción.
Maravilloso
ResponderEliminarA min, estas obras desacóuganme.
ResponderEliminar