REDONDELA
O primeiro ano como estudiante da Facultade de BBAA de Pontevedra levantábame moi cedo para coller o tren desde Vigo, onde nos reuníamos unha boa tropa de estudiantes. Miguel, Toti, Ana, Josetxo, Roberto, Txiqui. O tren facía parada en Chapela, onde subía Carlos e posteriormente paraba en Redondela, onde subía Lino Lago. Lino xa daquela era un pintor de caballete excepcional cunha liña hiperrealista que foi pulindo ata converterse hoxe en día no artista que é.
Detalle. Obra de Lino Lago. Óleo s/lienzo |
Pero xa falarei outro día de Lino, hoxe o que nos ocupa é Marcos M. Puhinger, outro artista nacido en Redondela pero adoptado como vigués.
MARCOS
A semana pasada quedei con Marcos Puhinger, xa que este venres 1 de Abril, acompañaranos para falarnos da súa obra e experiencia como artista plástico, dentro do paraugas dos VENRES DA EMAO. Coñezo a Marcos desde fai bastantes anos, ao final en Vigo todos nos coñecemos coma quen di, sigo a súa obra e coñezo a súa evolución, pero nunca nos sentaramos para compartir e conversar. Nese primeriro acercamento xa atopei unha conexión, temos máis, pero resulta que Marcos sendo de Redondela coñece a Lino Lago, cousa que non sabía. Marcos defínese como artista hiperrealista, e non sei que pasa cos de Redondela pero tiran cara esa corrente.
Memoria de pez. Marcos Puhinger. Boli bic. |
.
As primeiras obras que coñecín de Marcos, son as que realizaba utilizando unicamente o boli bic, na liña técnica de Juan Francisco Casas, pero con estéticas diferentes. Os seus traballos surxen da fotografía non como fin se non como medio. O fin é un alarde técnico debuxado, un experimento visual que fai dudar ao espectador se realmente o que ve é fotografiado ou debuxado. A experiencia do espectador é a confusión e posteriormente cando descobre o engano a sorpresa. Trátanse de debuxos que semellan fotografías con moito gran, como se o positivado en papel fixérase de xeito analóxico e o ASA da cámara moi forzada, coma se un carrete de 200 estivera subido a 1200.
Prosperidade.Boli bic. |
HIPERREALISTA
Como non podía ser doutro xeito Marcos me di que é un enamorado da corrente hiperrealista americana dos anos 60 e 70, tamén chamada super realista e inevitablemente ligada a corrente Pop-Art. Nomes como Chuck Close, Don Eddy ou Richard Estes utilizaron a fotografía, xa asimilada polo mundo da Arte, como vehículo para pintar as súas obras de gran formato e que Marcos toma entre outros tantos como referente.
Obra de Chuck Close |
Marcos ademáis é autodidacta, penso que é algo moi a destacar da súa carreira como artista, nun momento no que moitos licenciados en BBAA, buscan un oco profesional que non resulta doado facerse.
Cornamusa. Acuarela |
O VENRES
O venres día 1 falaranos de todo esto e moito máis. Recordade ás 19:00 h, na hemeroteca da EMAO con aforo limitado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!