martes, 22 de marzo de 2022

Presentación do Libro-CD ACANTEIRA [OUTRAS NOVAS]

 

O vindeiro xoves 24 de marzo ás 20:00 h. preséntase na nosa biblioteca o libro-CD "A CANTEIRA", a segunda produción discográfica na A.C. Galicia Fiddle, dirixida polo mestre de violín da ETRAD, Alfonso Franco.

Como o seu nome indica, neste álbum danse cita a nova xeración de violinistas que medraron ao abeiro dos cursos de verán de San Simón Fiddle e da actividade docente da propia ETRAD.

Con arranxos dos mestres que participan no San Simón Fiddle, este traballo está chamado a convertirse nun referente para a comunidade galega do violín folk.

A bo seguro haberá moita música nesta presentación. Non vola perdades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!