Amosando publicacións coa etiqueta Ourivaría contidos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ourivaría contidos. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de maio de 2024

31-5-2024. Venres da EMAO presenta "Xoias da Idade Antiga" [OURIVARÍA]


A base da ourivaría e o traballo cos metais preciosos descubriuse e desenvolveuse na Idade Antiga, 3.000 anos antes de Cristo. Técnicas que actualmente podemos pensar que son moi modernas ou moi dificultosas xa se empregaban en Mesopotamia ou Exipto, e a través de obras feitas por estas culturas analizaremos os modelos estéticos, os materiais e as técnicas e ferramentas que empregaban, sorprendéndonos pola calidade técnica dos seus traballos.


Presentado por Sandra de Jesús (mestra de Ourivaría da EMAO)
Data: 31 de maio de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo 

Entrada libre ata completar aforo

venres, 12 de febreiro de 2021

O Ouro de Toledo [OURIVARÍA]


"Ouro de Toledo" 
así é como se coñece a nobre arte da incrustación de metais preciosos, ouro e prata 
neste caso en aceiro doce, desenrolada en Toledo dende o século VIII d.C . 

O Damasquinado é unha arte milenaria que foi introducida polos árabes 
na súa conquista da Península Ibérica, 
sendo adoptada pola cidade de Toledo na súa tradición Ourive; 
o seu nome recíbeo da cidade de Damasco en Siria onde tivo a súa orixe xa no Mundo Antigo. 

martes, 30 de xuño de 2020

Cadeas II - Cadea Bizantina [OURIVARÍA]

As cadeas bizantinas son un antigo e clásico tecido na ourivaría europea e oriental.
Este tipo de cadeas desenvolvéronse en época bizantina tardía,
debido ás constantes invasións e tamén polo comercio foron empregadas tamén polos Persas e Celtas aplicando múltiples variantes.

Abrangue moitos tipos de tecidos feitos con argolas entrelazadas;
estas colócanse por pares buscando unha simetría. 
As cadeas bizantinas son moi versátiles e resistentes, habitualmente empréganse en colares e pulseiras, pero ás veces tamén en pendentes.

O grosor do fío co que se constrúe é importante pois non debe ser moi fino pois os aneis non van soldados a maioría das veces, e se a argola é moi fina corre o risco de abrirse; tamén sabemos que a maior diámetro maior grosor de fío para compensar. 

mércores, 17 de xuño de 2020

Meghan O'Rourke - O anodizado [OURIVARÍA]

 Neste artigo imos analizar a obra de Megan O'Rourke.
Esta artista australiana caracterízase polas súas pezas coloridas
realizadas con titanio ou aluminio empregando as técnicas de anodizado.

Unfold Braclets, pulseiras de titanio, prata e ouro de 18k

A formación de Meghan O'Rourke é artistisca e especializada en xoiaría, 
a súa inspiración é a natureza, en concreto en formas vexetais ou mariñas, aínda que nas últimas creacións tende cara a formas xeométricas. 

martes, 2 de xuño de 2020

Guía sobre xemas IV - O DIAMANTE [OURIVARÍA]

GUÍA BREVE SOBRE
AS XEMAS MÁIS EMPREGADAS  (PARTE IV)

Nesta entrega imos tratar o diamante como xema, pero tamén faremos unha achega histórica
aos diamantes máis importantes.

O DIAMANTE


É a xema de maior dureza coñecida, un 10 na escala de Mohs. Quimicamente componse de carbono 
que cristaliza nun sistema cúbico, formándose a gran profundidade ata os 450 km 
e en condicións de temperatura e presión extremas. 
Chegan á superficie co magma das erupcións volcánicas e encóntranse en chemineas de kimberlita. 
Os cristais de diamante que se atopan normalmente en bruto soen ter forma de octaedro, cubo, dodecaedro rómbico ou en maclas, e como podedes observar na imaxe anterior teñen alto brillo denominado adamantino. 

mércores, 27 de maio de 2020

Cadeas I - Cadea exipcia ou cola de raposo [OURIVARÍA]

As cadeas son un complemento decorativo nas nosas xoias,
pero tamén son un elemento de articulación.

Normalmente empregamos cadeas manufacturadas porque reduce costes, 
existe unha ampla variedade de modelos e os grosores son moito máis finos que os dunha cadea feita á man. 
Nesta serie de artigos analizaremos distintos modelos de cadeas e aprenderemos como se fan 
os modelos tradicionais. 

Empezaremos pola cadea exipcia ou cola de raposo
que foi unha das primeiras cadeas que se empregaron, 
recibe este nome porque a súa invención produciuse no Antigo Exipto.

Escaravello corazón da Raiña Hatnefer

martes, 19 de maio de 2020

As múltiples posibilidades do engaste en garra [OURIVARÍA]

Engaste en Garra
O engaste é o sistema de montura polo cal o metal serve para fixar unha xema no seu emprazamento e realzar a xema o mellor posible.
Neste artigo veremos as posibilidades creativas que nos pode dar o engaste en garra.

Anel de Maike Browning

Ë o sistema máis empregado para as xemas transparentes porque permite que a luz atravese a pedra por moitas partes e non só pola coroa; desta maneira a pedra loce máis luminosa e con máis brillo. 

En 1886 Charles Lewis Tiffany, fundador de Tiffany & Co, creou unha montura de seis garras especialmente deseñada para realzar a beleza dun diamante, The Tiffany setting, que se converteu no modelo de anel de compromiso e revolucionou os sistemas de engaste.

venres, 15 de maio de 2020

O Keum Boo [OURIVARÍA]

O Keum Boo ou Kum-Boo é un técnica coreana ancestral para a decoración de superficies que consiste na unión dunha fina lámina de ouro sobre unha base de prata, normalmente mediante calor e presión e sen soldadura.


Colar de Chao-Hsien Kuo 2017. Prata oxidada, keum boo ouro 24K

Na tradición coreana empregábase para decorar utensilios de prata
con superposición de láminas de ouro de 24 quilates, e
os motivos que se aplicaban transmitían desexos de boa saúde, riqueza ou lonxevidade.

martes, 5 de maio de 2020

Guía sobre xemas III [OURIVARÍA]

GUÍA BREVE SOBRE

AS XEMAS MÁIS EMPREGADAS  (PARTE III)


CALCITA 

A Calcita é un mineral xenérico, é carbonato cálcico, a súa dureza é 3.
Por ser tan brando non se emprega moito en xoiaría, pois pode raiarse con facilidade ou romper.
Atópase en múltiples cores: avermellada, rosa, amarela, verdosa, azulada, lavanda, marrón ou negra; todo debido ás distintas impurezas, pero cando é pura é branca ou incolora. 
Tamén varía de transparente a translúcida ou a opaca, e o seu brillo é vítreo.
As tallas máis habituais son o cabuxón e en distintas formas de conta. 

luns, 27 de abril de 2020

Exercicios de modelado para bosquexos de pezas de forxa - Parte II [OURIVARÍA]

Para comezar este artigo 
quero lembrar que este exercicio é unha proposta para o alumnado de todos os grupos, cuxo
o obxectivo é a creación dunha peza na que se aplicarán as técnicas de forxado, pero para iso comezábamos polo modelado de tres bosquexos tridimensionais, 
aquí podedes ler a proposta inicial .    

 María Hanson

Agora que xa me están a chegar imaxes dalgúns bosquexos modelados, vou explicar o seguinte paso, que será a elaboración do padrón en papel, para despois poder pasalo ao metal e comezar así o procedemento de forxado.

venres, 24 de abril de 2020

Victoria and Albert Museum - Arte e Deseño [OURIVARÍA]

Un paseo polo Victoria and Albert Museum


Fundado no 1852 en Londres, 
é o museo máis grande adicado á arte e ao deseño.
Conta cunha das maiores coleccións en artes decorativas e aplicadas, e 
tamén é unha importante institución en materia de investigación e conservación nas artes e oficios.



venres, 17 de abril de 2020

A arte de crear obxectos [OURIVARÍA]


Neste artigo quero amosarvos a construción de obxectos en prata,
en concreto a través dunha empresa Vienesa,

Wiener Silber Manufactur.

  Floreriros Loa e Vesu deseñados por Zaha Hadid Architects e
fabricados pola Wiener Silber Manufactur

Aquí tedes o vídeo de como se elaboran eses floreiros de prata deseñados por Zaha Hadid, empregando as técnicas de forxa e cicelado, un exquisito e laborioso traballo que amosa que as técnicas tradicionais teñen cabida nas creacións máis contemporáneas.


xoves, 16 de abril de 2020

Guía sobre xemas II [OURIVARÍA]


GUÍA BREVE SOBRE

AS XEMAS MÁIS EMPREGADAS  (PARTE II)

CALCEDONIA
Calcedonia é o nome que recibe un grupo de cuarzos microcristalinos, entre eles, como xa falamos, encóntranse as ágatas, pero tamén outras variedades como:


CALCEDONIA AZUL
É unha xema de cor azul cun ton lila ou lavanda, pode ser translúcida ou opaca, de dureza 7 e normalmente encóntrase en talla cabuxón e sensible a calor, en algunhas pódese apreciar o bandeado típico das ágatas. O material máis valioso é o máis translúcido e intenso de cor.


mércores, 8 de abril de 2020

Guía sobre xemas I [OURIVARÍA]

GUÍA BREVE SOBRE
AS XEMAS MÁIS EMPREGADAS  (PARTE I)

Nesta serie de artigos imos tratar as xemas máis empregadas, para coñecer algunhas das súas características e particularidades. Para nós é importante a súa cor e tallas nas que se comercializa, inclusións que pode ter, a dureza e a súa sensibilidade á calor, pois haberá procesos que non poidamos realizar se son moi sensibles ou fráxiles.

Comezaamossss......

 ADULARIA


A adularia ou pedra lúa é un feldespato. Podemos encontralo de distintas cores pero a máis habitual é transparente ou leitosa e ten un efecto óptico característico chamado adularescencia.
A dureza desta pedra é 6, atopámola en talla cabuxón, e hai que telo en conta porque é sensible a calor.

luns, 6 de abril de 2020

Xoaría con "cemento" [OURIVARÍA]


NOY ALON
é un artista israelita que constrúe as súas pezas con latón chapado en ouro e con "cemento".
En realidade non é cemento propiamente dito, é un polímero con aspecto de cemento. 




mércores, 1 de abril de 2020

As Xemas I - Corte e tallas [OURIVARÍA]

A xemoloxía é a ciencia que estudia as pedras preciosas (xemas), a súa composición e propiedades, orixe e xacementos, os tratamentos de diversa natureza e os tipos de tallas que realzan a súa beleza.

Son xemas aquelas substancias naturais que presentan as cualidades de beleza, durabilidade e rareza.

Os ourives deben aprender e identificar estos materiais e as súas propiedades para poder manipular, traballar e engastar as xemas. 


Dende o punto de vista do ourive as propiedades que debemos ter mais en conta son:
  • Cor: a cor é un dos factores que aporta mais valor, excepto no diamante no que a ausencia de cor e a transparencia é o que o revaloriza. 
  • Talla: Debemos estudiar visualmente a pedra e a talla con unha lupa de 10x (aumentos), para comprobar se ten inclusións ou fisuras que se deban disimular co engaste e se a talla é simétrica e está ben pulida.
  • Dureza: é importante coñecer a dureza do material para evitar fisuras no proceso de engaste, as pedras brandas ou delicadas deben engastarse protexidas. Unha xema que non conserve o seu pulido e brillo devalúa o seu valor. 

mércores, 25 de marzo de 2020

Colar con materiais reciclados ou cotiás e unións con remache - III !!! [OURIVARÍA]

PARTE III
Neste artigo imos tratar en primeiro lugar a creación dun colar feito con plásticos e fío de latón empregando como sistema de unión o remache;
de segundo, a explicación de como se realiza un remache básico;
como terceiro, máis colares feitos polos alumnos aos que agradezo a súa participación e creatividade,
e por último un video sobre o procedemento de remachado.

Continuando coa creación dun colar feito con material de reciclaxe ou cotiá vou aproveitar e abordar as unións en frío de distintos materiais e en concreto o remache.

Partimos dunha proposta inicial  AQUÍ

e as primeiras creacións AQUÍ

Este é o colar que creei, en el empreguei plásticos de distintos envases, que coa axuda da chama dunha vela modelei xerando os distintos volumes



venres, 20 de marzo de 2020

Fundición en Arena [OURIVARÍA]

La fundición en arena es una de las técnicas más ancestrales, con ella se consiguen reproducir modelos en moldes de arena perdidos (de un solo uso). 

Actualmente en joyería se emplea para procesos de fundición creativa, el molde consta de dos partes que puede ser de madera, acero, pvc, etc. 
Este molde se rellena con una arena especial también llamada arcilla o tierra delf, en la que se registra el modelo. 
Posteriormente se abre el molde y se retira la pieza.
Una vez retirada esta podemos transformar ese hueco, añadir cosas, etc, y a seguir crear el bebedero por donde se verterá el metal fundido y las chimeneas para que salgan los gases favoreciendo el relleno de la pieza. 

En el siguiente vídeo creado por Maquijoy podemos ver la realización de un anillo mediante este proceso, realizado con un kit que incluye un molde de acero, un kilo de tierra Delf y las instrucciones de uso. Este kit se vende en los distribuidores específicos de consumibles de joyería. 




¡Espero que os guste!! 

mércores, 18 de marzo de 2020

O anel ao longo da historia [OURIVARÍA]

Os aneis son unha das primeiras xoias que se desenrolaron e que foron derivando ao longo da historia ata chegar aos nosos días ...

Aneis exipcios do Imperio Novo 1500 aC.