venres, 12 de febreiro de 2021

O Ouro de Toledo [OURIVARÍA]


"Ouro de Toledo" 
así é como se coñece a nobre arte da incrustación de metais preciosos, ouro e prata 
neste caso en aceiro doce, desenrolada en Toledo dende o século VIII d.C . 

O Damasquinado é unha arte milenaria que foi introducida polos árabes 
na súa conquista da Península Ibérica, 
sendo adoptada pola cidade de Toledo na súa tradición Ourive; 
o seu nome recíbeo da cidade de Damasco en Siria onde tivo a súa orixe xa no Mundo Antigo. 



Por tradición séguense dous modelos estéticos de deseños, 
o estilo primordio é o árabe con formas xeométricas e liñas entrelazadas 
e por outro lado temos o estilo renacentista, froito da evolución deste arte neste período, 
e que deu como resultado a introdución de formas naturais e figurativas, coa representación de flores, paxaros, volutas, etc. 


Estilo árabe tradicional

Estilo renacentista


Esta técnica defínese como a incrustación de fíos ou láminas de ouro de 24 a 18 quilates con un espesor de 4mm, ou tamén prata fina ou de ley, sobre unha superficie de aceiro doce. 
O aceiro trátase previamente raiando a superficie con unha coitela ben afiada ou con un baño de ácido nítrico, xerando unha porosidade que favorece a incrustación dos metais preciosos. 
A seguir márcase o debuxo e procédese a incrustación axudándose dun cicel e un martelo 
conseguindo que o fío ou a lámina penetre nos ocos feitos no aceiro. 
O seguinte proceso será o pavonado do aceiro para darlle unha suave e bonita cor negra, 
que fai contraste coa cor do ouro ou a prata. 
Por último lévase a cabo o repasado final da peza que consiste en brunir o ouro ou a prata realzando o seu brillo e cor. 

É un traballo laborioso e delicado,
como podedes ver nos vídeos a seguir, 
e que ofrece uns resultados impresionantes e preciosos. 



Espero que vos guste e vos inspire ;DD


1 comentario:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!