O anelado en metais non férricos (latón, alpaca, prata) require de moito máis tempo, ademáis de coñecer a técnica de soldado con prata empregada en ourivaría.
Imos ver un resume do proceso, dende a chapa de 0,6 milímetros ate a anela rematada.
Partimos dunha chapa, neste caso de prata de 0,6 milímetros de onde cortaremos as tiras necesarias
según as medidas de cada anela. Para saber a lonxitude da tira multiplicamos o diámetro que queremos por PI (3,1416), o que nos dará o diámetro interior da anela, para conseguir o diámetro exterior teremos que restarlle o resultado desa multiplicación o grosor da parede da anela (0,6 x 2).
Exemplo: para conseguir unha anela de 28 milímetros de diámetro exterior faremos o seguinte:
28 x 3,1416 = 87,9648 (redondeamos a 88),
0,6 x 2 = 1,2 milímetros
88 - 1,2 = 86,8 milímetros
cortamos a tira de 86,8 milímetros de lonxitude.
Unha vez cortadas todas as tiras necesarias teremos que redondealas axudándonos dun taco de madeira e un martelo de fibra; as máis grandes podémolas dobrar en triángulo para soldalas con máis comodidade, logo xa as redondearemos.
Pasamos á soldadura. Con axuda dun soprete de xoiería e soldadura de prata, e moita práctica soldámolas, para logo repasar con lima o interior da anela para rebaixar o sobrante da soldadura. Para redondealas ben metémolas no taco de madeira e co martelo imos golpeando todo ao redor ata conseguir unha circunferencia o mais perfecta posible e repasamos a soldadura polo exterior.
Sen sacalas do taco imos ao torno para refrentar un dos lados, o que irá contra a madeira, as máis grandes (copas) non as refrentamos de momento.
É o momento de axustar a madeira a cada anela, coidando que o axuste sexa duro, para que non se nos movan cando vaiamos a colocalas, facemos unha canle no centro do espazo para anela, que servirá de adorno e impedirá que caia a anela no caso de que co tempo se despegue.
Botámos na canle da madeira un pouco de adhesivo de dous compoñentes con coidado de non manchar o resto da superficie que faría que a anela resbalase mentres a estamos colocando. Introducimos a anela ata o fondo e no torno, coa axuda dos rodillos metálicos comezamos o repuxado forzando o metal a introducirse na canle deixando o metal ben apretado; logo refrentamos o sobrante deixando una pequena cantidad de metal no ar (1/2 mm.) para dobrar e rematar a anela.
Agora dámoslle un torneado suave para igualar toda a anela e pulimos con lixa fina e lana metálica. Finalmente só nos queda pasar pola pulidora de rodillos para conseguir o brillo.
Esto xa é algo un pouco máis complexo,... para un último ano polo menos.
ResponderEliminarsó é cuestión de poñerse
EliminarA sensibilidades,presupoñendo a sus, tense que aplicar dun xeito xeneral,a todo, non se pode un escudar en que 'eu son moi raro", para ser un maleducado e un borde
ResponderEliminarMuy interesante y didáctico
ResponderEliminar