Hoxe continuamos informando dos libros recentemente adquiridos para a nosa biblioteca. Verémos algúns títulos para a especialidade de pintura.
David Hockney : a chronology / [edited by David Hockney and Hans Werner Holzwarth].-- Köln : Taschen, cop. 2020
Esta edición especial é un percorrido pola vida e a obra de David Hockney. Artista pop, pintor da vida moderna, paisajista, mestre da cor, explorador da imaxe e da percepción durante seis decadas, as súas obras con liñas gráficas e texto integrado durante os anos 60 en Londres; a famosa serie de piscinas, crónica do estilo de vida californiano na decada de 1970; así como penetrantes retratos e paisaxes de gran formato e cores brillantes tralo regreso ao seu Yorkshire natal. Esta obra descóbrenos ao investigador e ao artista.
Acuarela creativa : guía paso a paso para principiantes / Ana Victoria Calderón.-- Barcelona : Gustavo Gili, D.L. 2018
Neste libro, a popular artista e tallerista Ana Vitoria
Calderón desvela todos os seus recursos paso a paso para aprender a
pintar en acuarela combinando liberdade creativa e precisión matemática. Material básico. Todos os útiles esenciais: tipos de pinturas, papeis e
pinceis, diversas opcións para ornamentar as obras.
Técnicas paso a paso. Dominar as técnicas básicas, comezando por
actividades fáciles de adestramento, seguindo polos segredos das capas e
terminando polo escaneo e a edición dixital das obras.
Motivos aplicados. Aprender de forma totalmente práctica, aplicando as
técnicas en gran variedade de motivos: flores e follaxe, bolboretas e
outros bichos, froitas e verduras, e letras debuxadas con todo tipo de
ornamentos e floreos.
El papel de las mujeres en la pintura y la escultura / Trinidad de Antonio Sáenz.-- Madrid : Santillana, D.L. 2018
O libro repasa unha historia na que a presenza das mulleres no mundo das
artes plásticas foi descoñecida, dificultada ou desvirtuada por
distintos motivos, relacionados coa súa consideración e posición na
sociedade. Detállase como ata o século XIX non foron
educadas na práctica artística, salvo no caso de pertencer a talleres
familiares ou como expresión de prestixio e refinamento, e como o século
XX abriu novos camiños polos que as artistas foron
avanzando. Pero as artistas aínda hoxe deben seguir loitando por lograr
visibilidade e por que se recoñeza que a calidade do proceso creativo
non depende do xénero, senón do talento, a formación e a capacidade de
cada persoa.
Mais información en:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!