venres, 5 de febreiro de 2021

Novas Adquisicións para a Biblioteca da EMAO. 2 [BIBLIOTECA]

Hoxe ocuparémonos dos novos títulos adquiridos para a especialidade de artesanía do coiro

 

 



Lederarbeiten : [nähen, flechten, bearbeiten] / Michael Gärtner.-- Königswinter : Heel Verlag, 2019 Edición: 3.Aufl

O libro contén 20 proxectos, desde chaveiros ata grandes bolsos. Diferentes tipos de trenzado. Instrucións sobre o uso das ferramentas adecuadas, os elementos básicos de pegado e pulido, a costura de talabartería e moito máis.


Leder nähen : [gestalten und reparieren leicht gemacht] / Carsten Bothe.-- Königswinter : Heel Verlag, 2020 Edición: 6.Aufl 

Un sinxelo libro para principiantes con todo o relacionado co traballo do coiro. Con instrucións paso a paso sobre as técnicas de corte e costura. Explicacións sobre os materiais e ferramentas necesarios. Inclúe varios proxectos (cinto, colar de can, funda de coitelo, estoxo de coiro... etc.)

 


El zapatero moderno : tratado completo de la técnica del calzado para aprendices, oficiales y maestros / por J.B. Yernaux.-- Barcelona : Nicola Sacco Editorial, 2018 Edición: 2ª ed

É un dos libros máis recoñecidos dentro da industria zapateira artesanal. O zapateiro moderno é como reza o seu subtítulo, un tratado completo da técnica do calzado para aprendices, oficiais e mestres. Un libro de finais dos anos 30, escrito por e para zapateiros, con 556 páxinas e 446 imaxes que nos ilustran sobre o oficio.

 


Making leather bags, wallets, and cases : 20 + projects with contemporary style / Yasue Tsuchira.-- Lanham (Maryland) : Stackpole Books, cop. 2019 

As pezas de coiro ben elaboradas sempre están de moda. E os estilos modernos minimalistas son fáciles de facer seguindo as instrucións paso a paso e os patróns que proporciona este libro. Bolsos carteiras, estoxos para lentes e máis, este libro inclúe proxectos moi sinxelos, pero con resultados sorprendentes.

 


Manual del cuero : [20 proyectos artesanales paso a paso] / Michael Gärtner.-- Madrid : El Drac, cop. 2020

Este libro ofrece os coñecementos básicos sobre o coiro e a súa artesanía con materiais naturais. Está dividido en catro partes: coiro, técnica e deseño, trenzado e proxectos. Na primeira parte preséntase o coiro como material: mostra o proceso de curtido, os tipos de coiro, as partes dunha pel curtida e o que debe saberse antes de tinguir o coiro por primeira vez. A segunda comeza cun repaso das ferramentas utilizadas nos traballos de coiro; tamén explica técnicas como o corte, o pegado, o punto de guarnicionero e o pulido, e en cada unha delas descríbense os materiais necesarios e o modo de utilizalos. O método do trenzado e os seus múltiples usos explícase na terceira parte do libro, e ofrece instrucións paso a paso de como facer trenzas planas e redondas, nós e botóns. Na cuarta e última parte, aplícanse os coñecementos adquiridos tomando como base 20 proxectos que se presentan por orde de dificultade: desde un llavero ata un bolso, pasando por unha pulseira, un vaciabolsillos, un tarjetero, un billetero ou un reloxo de peto.

 

 

Manual de trenzado y artesanías en cuero : clases prácticas / César S. López Osornio y Francisco Meeks.-- Buenos Aires : Hemisferio Sur / Libros de Hispanoamérica, cop. 2017

Manual de trenzados e artesanías en coiro, é un libro que desenvolve, nas súas 112 páxinas, paso a paso como facer trenzados con coiro. Descríbenos como facer trenzas de catro tientos cadradas ou redondas. Trenzas de seis ou oito tientos. Como facer botóns, llaveros, cintos... 

Novas Adquisicións para a Biblioteca da EMAO. 1

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!