Bob Dylan non necesita presentación. Este músico e poeta, premio Nobel de literatura, icono pop dos anos 60, personaxe peculiar tan querido e odiado por igual, forma parte do universo artístico do S.XX. Dylan foi o que hoxe chaman un influencer, pero un influencer que si tivo peso nos cambios que aconteceron nos 60, xa que as súas letras, a súa música foron unha inspiración no só para unha xeración de xóvenes, mais ben o foi para varias,. Hoxe é xa octoxenario e segue sacando discos, o último do 2020 "Rough and Rowdy Ways"...con moi boa crítica, certament é un bo disco.
Eu teño que dicir que vino en directo na Coruña no ano 93 e non me gustou nada, pareceume un desagradable co público e equivocábase tocando os acordes das cancións...pero ainda así admiro moito o seu legado musical. Pero hoxe imos falar doutro Dylan...o Dylan debuxante. Pero fagamos un pouco de historia:
Dylan por Hanoch Piven |
O INICIO
Sendo novo Dylan, ou Robert Zimmerman que é o seu verdadeiro nome, sentiuse atraido pola arte en xeral, independentemente do medio no que se expresara. Pero o lugar onde viviu a súa infancia ( Un pequeno pobo de Minesota) non era o máis apropiado para un rapaz con inquedanzas artísticas. Mais o pequeno Robert foi un neno pegado a unha radio, onde empapouse da música folk americana e do novo estilo tolo e irreverente que chegara para quedarse. o Rock and Roll. Daquela Robert quixo ser como Litle Richards que era todo expresión e xenialidade. Pululou por varias bandas interpretando versións de Elvis e Richards...pero cando chegou a universidade no 1959 soubo que o folk permitiríalle expresar sentimentos máis profundos escritos en letras cargadas de poesía e sentimento. En honor ao poeta Dylan Thomas, Robert cambia o seu nome, deixa a universidade e trasládase a NY . En 1961 comenza a tocar nos bares do Greenwich Village e a formar parte do colectivo de músicos folks que facían canción protesta, como o gran Pete Seeger.
Dylan por Calef Brown |
DESPEGUE
Grazas a admiración e o impulso do que logo fora o seu amigo Johnny Cash, co que grabou en 1969 un fermoso disco acústico, Dylan graba o seu segundo album con Columbia Records no ano 1963, The Freewheelin' Bob Dylan, onde aparece unha das canciones máis populares da súa carreira "Blowin´in the wind". A partir de aquí xa temos o icono músico, o poeta que musica os seus poemas, pero tamén un máis descoñecido o que debuxa eses poemas.
Desde o ano 1962 Dylan escribe as letras da cancións manuscritas acompañadas con un debuxo. Poderíase dicir que xa existe por parte de Dylan unha intención expresa de manuscrito ben coidado e ilustrado con un carácter de permanencia ou de posterior edición. E así o fixo, hoxe en día varias galerías traballan ca obra de Dylan. Se es un gran mitómano podes mercar unha edición fimada das letras ilustradas polo seu autor.
MONDO SCRIPTO
Este debuxo forma parte da serie Mondo Scripto, unha selección das letras máis coñecidas de Dylan, escritas e debuxadas a lapis sobre papel polo autor. Neste caso, Knockin´On heavens Door, tema que compuxo para a BSO da película de San Peckinpah de 1973 "Pat Garrett y Billy the kid" onde Dylan ten tamén un papel actoral. Esta é unha das cancións máis coñecidas e versionadas de Dylan.
Todos os grandes temas de Dylan teñen a súa imaxe nesta serie: Hurricane, Like a Rolling Stone, Blowin´in the wind, The times they are a-changin, Maggie´s farm ata un total de 60 temas. Se es un autentico fetichista e tes uns 3000 Euros para gastar podes mercar un destes debuxos.
Blowin´in the wind |
Maggie´s farm |
Dylan interesouse pola arte en xeral xa desde moi novo pero todo o seu potencial volcouno na música e na poesía. Agora atopamos unha faceta del que non é nova ainda que máis descoñecida. Nos anos 70 recibiu clases de pintura en NY. O seu mestre foi o pintor Norman Raeben. O dylanólogo Howard Sounes contaba a anécdota de como Raeben ensinou a debuxar a Dylan.....O mestre preguntoulle, ¿ves ese xarrón ?, logo quitoullo da súa vista e díxolle...Debúxao!!, deste xeito ensinoulle a diferencia entre mirar e ver. Parece ser que esa nova mirada creativa a través do debuxo tamén motivou en Dylan un novo xeito de escribir e facer cancións que confluíran con outras expresións plásticas.
OBRA PICTÓRICA
No ano 94 Dylan publicou un libro no que plasmaba unha serie de obra pictórica, gouache sobre papel. Retrata aos Estados Unidos rurais, con unha intención Hoppeiana pero que se acerca máis a banda underground dos 80 en formato cadro. Son imaxes narrativas que penso conviven ben ca súa música. Admiro o seu traballo como compositor, non ten unha gran voz, cando canta con Cash parece un pipiolo ensombrecido polo mestre... Cash era moito Cash... pero con esa voz e poucos recursos, guitarra e harmónica soubo chegar a transmitir grandes sentimentos e defendeu moi ben o seu discurso . Como pintor e debuxante non deixa de quedar no mundo do aficionado, pero eso non importa, o importante é que atopa o medio da plástica ..e como narrador poético explota este medio para falar dos mesmos temas que son inherentes ao ser humano, a soidade, o amor, o paso do tempo, a liberdade, a morte, aportando un extra ao seu discurso de imaxes ben resoltas.
Se tedes cartos e queredes un debuxo da serie ou un cadro de Dylan deixovos este enlace da galería Westover que o ten no seu catálogo. Poder ter un destes cadros e observalo na casa escoitando "Blowin´in the wind" ou "Mr Tambourine man"..tomando unha cervexa...seguro que non está mal.
Mr. TAMBOURINE MAN
Hey, Señor Pandereta, toca unha canción para min,
non teño sono e non vou a ningunha parte
Hey, señor Pandereta, toca unha canción para min,
na ruidosa mañá virei seguíndoche
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!