Xu Wei. 1521-1593 |
Pero un dos pioneiros do sumi-e, antes de que se denominara deste xeito, foi Gu Kaizhi. O historiador de arte da dinastía Tang, Zhang Yanyuan, dixo para describir os debuxos de Gu Kaizhi (S.IV) : "Os seus trazos teñen unha presenza rotunda e están cheos de forza e relaciónanse obedecendo a un movemento circular que se renova constantemente. O seu estilo é soberano e solto, o ritmo é rápido como o vento e os lóstregos".
Obra de Gu Kaizhi
Aínda que a arte do debuxo a tinta orixinouse en China, o termo do sumi-e ten orixe xaponesa, SUMI (tinta negra) , E (pintura). É dicir, que se define como un tipo de pintura á augada, monocroma, parecida á acuarela pero realizada só coa cor negra da tinta e a ampla gama de grises que se pode conseguir diluíndo con auga. Ás veces introdúcense pequenos matices de cor en tinta.
Obra de Makiko Fukuda matizada co vermello
Esta arte ten moito de xestual e de intuitivo, de conexión co útil, de aplicación do movemento e o ritmo na pincelada. Pero tamén ten moito de espiritual, no "Método e arte do Sumi-e" que María Egenia Manrique denomina pintura ZEN.
Libro de María Eugenia Manrique
A observación das pinturas tradicionais como as de Gu Kaizhi, permitiu aos mestres zen ligar esta arte cos principios do Zen: Prestar atención, Ser un todo, Aprender a fluir... Foron estes mestres os que asimilaron a práctica e modo de debuxar cambiando o sentido decorativo inicial pola percura espiritual e a paz interior a través do debuxo.
Debuxo de María Eugenia Manrique
Tomando o espírito místico do Zen, nesta expresión artística, sintetízanse ao máximo os motivos; por iso no sumi-e unhas simples liñas negras pintadas sobre o papel poden representar un modelo complexo, do mesmo xeito que no Zen unhas poucas palabras poden ser o resultado de horas de meditación. O sumi-e pretende captar a síntese do obxecto debuxado obviando toda a contorna que non interesa, sen unha preocupación explícita do detalle ou da reprodución fotográfica, se non co interese de interpretar a esencia dos obxectos e da natureza. A imaxes son memorizadas, retidas co efecto da observación nun exercicio de concentración que funde ao observador coa forma debuxada.

MATERIAIS
Pincel: utilízanse pinceis redondos de pelo de cabra, cervo ou xabaril, cun mango longo e groso
Suzuri: é a pedra para a tinta. É unha pedra tallada rectangular ou redonda cunha cavidade nun dos seus extremos que se usa para poñer auga nela. A outra parte é algo inclinada lixeiramente áspera e úsase para fregar a barra de tinta seca.
Tinta: a tinta para ou sumi-e ven en formato de barra longa e rectangular feita con pigmento negro fume ou carbón de piñeiro e aglutinante que adoita ser goma arábiga ou alcanfor
Papel: o ideal para o sumi-e, así como para o ukiyo-e é o papel de arroz chamado gasen- shi, pero pódese utilizar tamén papel de acuarela ou calquera outro papel poroso e pouco encolado.
INFLUENCIA EN OCCIDENTE
Vista dunha maneira moi xeral, a arte occidental desde o Renacemento tivo un interese pola representación naturalista -pensemos nunha obra como a lebre de Durero- que foi alcanzando co tempo máis nivel de perfección. Esa maneira de representar consiste en enganar ao ollo na tradución da realidade sobre o plano cun punto de vista único... ese foi o late motiv na representación occidental durante moitos séculos.
Durero. 1502. Acuarela e gouache
Cando a arte xaponesa chega a Europa non S. XIX os artistas quedan fascinados por esa procura da esencia da contorna na representación que adoita o sumi-e, que vai máis aló do puramente observado. A fotografía farase en pouco tempo con esa forma de representar naturalista e os artistas terán que buscar outros modos. Os artistas fíxanse en Oriente, en África e nas maneiras pre-renacentistas.
Van Gogh buscando a esencia da paisaxe
Paul Klee dixo respecto á desesperación dos artistas, cando en 1839 apareceu a fotografía: "Desde entón, a arte comeza a expresar o espírito en lugar do mundo material". Kandinsky escribe en 1911 "Do espiritual na arte", un discurso estético que desembocará na práctica da abstracción non figurativa. "O artista non ten como fin a reprodución da natureza, aínda que esta sexa artística, senón a manifestación do seu mundo interior".
O sumi-e xa chegara a esa conclusión moito antes.
Os artistas chineses e xaponeses manterán a súa tradición figurativa na que prima a esencia da forma e a conexión do artista coa contorna. Artistas como o chinés Huang Binhong ocuparon un lugar destacado no mantemento desa tradición clásica que conectaba tan ben coa modernidade.
Obra de Huang Binhong
Hoxe en día o sumi-e é unha arte moi presente entre nós, así como outras disciplinas orientais que hoxe se practican en occidente como o Tai chi ou o ioga. O sumi-e resulta un xeito fantástico de achegarnos a través do debuxo á cultura oriental. A artista Yano Yoro poderanos dar esas primeiras nocións. Sería interesante que un día pasara pola nosa Escola.

Me encanta
ResponderEliminarTema interesante verdad?...que modo de dibujar tan bonito
ResponderEliminarY cuando trabajamos sumi-e? Seria fabuloso usar el pincel así con libertad de movimiento..
ResponderEliminarMe envanta el sumi-e. Podemos hacer algo en casa? En nuestra libreta?
ResponderEliminar