Esta é polo momento a última entrega dos títulos adquiridos recentemente para a noso fondo moderno especializado en arte e oficios artísticos e tradicionais. Espero que vos gusten.
El artista orgánico : cómo hacer pinturas, papel, pigmentos, impresiones y utensilios de arte con materiales sacados de la naturaleza / Nick Neddo ; [traducción, Jesús de Cos Pinto y Alicia Misrahi Vallès].-- Barcelona : Promopress, 2016
Este libro naceu dunha serie de amores e paixóns. O máis importante de
todos eles é o amor polo mundo no que vivimos e do que formamos parte.
Outro é o amor pola arte e polo proceso creativo en xeral, e outro máis,
o amor polos coñecementos prácticos da Idade de Pedra ou tecnoloxía
primitiva. Cada capítulo contén unha serie de proxectos con instrucións
paso a paso para realizar unha ferramenta ou material a partir de
técnicas antigas. As ilustracións mostran o medio artístico empregado en
cada sección do capítulo e, nalgúns casos, renden homenaxe ás especies
das cales deriva o medio en cuestión.
La belleza del objeto cotidiano / Soetsu Yanagi ; con la colaboración de The Japan Folk Crafts Museum ; traducción de Álvaro Marcos.-- Barcelona : Gustavo Gili, D.L. 2020
Os obxectos son compañeiros constantes na nosa vida e, como tales, afirma Soetsu Yanagi,
deben facerse con coidado e fabricarse para que duren. Deben ser
tratados con respecto e mesmo afecto. E deben axuntar perfectamente
beleza e utilidade.
Soetsu Yanagi é un pensador imprescindible ata o de agora inédito en castelán, e unha das voces crave do século XX
en chamar a atención sobre o valor dos obxectos cotiáns e a artesanía
anónima. Este libro, que recompila os ensaios breves do crítico xaponés,
ensinaranos a mirar con novos ollos ao noso ao redor e a admirar o
incrible valor material e intanxible das creacións anónimas, sempre
belas e honestas, que forman parte da nosa vida cotiá.
Las mujeres de la Bauhaus : de lo bidimensional al espacio total ; Josenia Hervás y Heras.-- Buenos Aires : Diseño, 2015
Coa chegada da República de Weimar, a posición xurídica das mulleres viuse reforzada: podían votar, podían estudar sen limitación algunha e ademais eran mayoria.
Debido á perda de moitos homes na Gran Guerra, existía un excedente
duns dous millóns de mulleres en idade matrimonial. Este superávit
feminino forzábaas a asumir o feito de encher de contido a súa vida xa
que era máis que probable que non puidesen casar nunca.
O seu tesón unido ao adestramento que practicaron nas escolas nas que
entraron para formarse, demostraron que elas tiñan capacidade suficiente
para desenvolver calquera actividade intelectual por complexa que esta
fose. Estas mulleres loitadoras, como as chamaría Ida A. R. Wylie, lograron culminar na Bauhaus uns estudos altamente cualificados. Convertéronse en enxeñeiras industriais e arquitectas.
A muller foi durante moito tempo tratada polos artistas como obxecto de
representación, pero a súa contribución como creadora de arte é pouco
recoñecida.
Aínda que as mulleres artistas xa non están obrigadas a traballar no
anonimato nin a aceptar pseudónimos masculinos, fai relativamente
pouco, en 1989, as Guerrilla Girls saíron ás rúas de Nova York para preguntarse se as mulleres teñen que estar espidas para entrar no Metropolitan Museum.
Neste libro, a autora explora a vida e a obra de máis de cincuenta
das máis destacadas artistas femininas de todos os ámbitos desde o
século XV ata a actualidade.
Yayoi Kusama : de aquí al infinito / Sarah Suzuki ; ilustraciones de Ellen Weinstein ; con reproducciones de siete obras de Yayoi Kusama.-- Boadilla del Monte (Madrid) : SM, D.L. 2018
Yayoi Kusama sempre quixo ser artista.
Durante a súa infancia en Xapón, imaxinaba o mundo ao redor dela como un
infinito despregamento de puntos, que pintaba e debuxaba. Á idade de
vinte e oito anos mudouse a Nova York e fíxose famosa polas súas
pinturas, esculturas e performances. Agora, con case
noventa anos, e sendo unha das artistas máis coñecidas, segue creando
arte cada día. Este libro conta a historia dunha artista que cobre o
mundo de puntos e mostra imaxes de sete das súas obras.
Problemas da arte contemporáne@ é un libro de filosofía da arte no que se articula un diálogo entre a arte e a filosofía, servíndose como fío condutor da obra de dúas dos máis importantes artistas do s. XX (Marcel Duchamp e Joseph Beuys) en relación co pensamento de dous dos máis importantes filósofos do mesmo século: Martín Heidegger e Theodor W. Adorno.
Neste libro vanse discutindo sucesivamente os problemas da arte na súa relación coa historia e coas distintas concepcións da historia, a relación da arte coa verdade, coa beleza, os problemas da creación e da recepción da obra, e os problemas da crítica de arte desde o punto de vista da arte contemporánea. Como a palabra arte é feminina, como en belas artes, de modo tentativo utilízase aquí conxugada en feminino.
O libro suxire que na arte non hai só un modo posible de coñecemento senón tamén un modo posible de acción, segundo o que aínda é posible pensar un novo modelo de realización humana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!