luns, 8 de febreiro de 2021

O torno. Emprego da torreta e utiles necesarios. [CAIM GAITA]

 

Falando hoxe cun alumno, nunha titoría telemática (obrigados polas circunstancias), preguntábame cales eran as diferencias entre o cilindrado manual e falelo co torreta do torno. Asi qie imos a falar un pouco deste accesorio do torno e como lle podemos sacar partido.

Como sabedes, nas clases facemos o cilindrado dos tacos de xeito totalmente manual, é dicir, desvastando a madeira do taco cadrado ata que o deixamos cilíndrico, empregndo unha gubia de desvaste de media cana, asi se fai na tornería de madeira dende sempre, é importante facelo así porque nos axuda a conseguir destreza no traballo manual coa ferramenta, xa que os torneados das diferentes pezas da gaita teremos que facelos necesariamente con este sistema.  Como nós empregamos tornos de traballar metal, por motivos de precisión, robustez, etc., temos a alternatíva de facer determinados procesos utilizando a torreta.

Torreta clásica
 

 

Torreta con sistema de cambio rápido

A torreta é unha parte do torno que se coloca enriba do carro e que nos permite fixar determinadas
ferramentas para desvaste, cilindrado, refrentado, tronzado, etc. Existen varios tipos, as mais comúns, e que son as que temos no noso obradoiro, son as multiferramenta, que nos permiten ter colocadas ata 4 coitelas simultaneamente, e que podemos cambiar xirando a torreta, logo estan as de cambio rápido, que teñen unha peza extraible onde temos colocadas as coitelas e que se cambian rápidamente mediante un sistema de extracción.

 No caso concreto do cilindrado, o emprego da torreta ten algunha vantaxe, como o traballo máis preciso, xa que o carro desplazase por guías paralelas que fan que o resultado sea homoxeneo en toda a lonxitude da peza, tamén nos permite facer un refrentado do taco a 90 graos con exactitude e non teremos que afiar tantas veces a ferramenta. Como inconvinte (relativo) o traballo e un pouco máis lento que coa gubia, ainda qe a teremos que afiar mais a miudo.

Outros procesos nos que podemos empregar a torreta son: nas partes do torneado que sexan totalmente
cilíndricos, sen formas, como son os espigos, para que queden perfectamente nivelados sin ter que medir en varios puntos; para facer os interiores das anelas, sobre todo cando temos que traballar con medidas intermedias para as que non temos brocas, e por suposto cando facemos anelados metálicos faise imprescidible para o mecanizado e repuxado do metal.

 

Existen diferentes tipo de coitelas para empregar na torreta, según a forma, ángulos e materiais; aqui é
doado perderse, xa que a oferta é inmensa. Para poñer un pouco de luz imos a dividilas en tres apartados: barras de cobalto, de placa soldada e de plaquiñas intercambiables. Por suposto temos que ter sempre en conta que falamos de ferramenta deseñada para traballar metais, e que calqueira delas nos da un redimento excelente xa que nos imos traballar con madeiras duras.

 

 

As barras de cobalto xa as coñecedes, son as mesmas que utilizamos para tornear a man, solo que sin mango, e que preparamos no esmeríl nos mesmos coas formas e ángulos que precisemos. Teñen o inconvinte de que temos que preparalas unha por unha según o que necesitemos, pero tamén é verdade que isto nos permite adaptalas absolutamente as nosas necesidades,

 

 

 

 

As de placa soldada estan compostas de un mango metálico con unha placa de Widia ou aceiro soldada
na punta e cunha forma determinada según para o traballo que sexa. Como vantaxe xa veñen coa forma e o afiado, como inconvinte, según as vaiamos afiando vanse desgastando e cando se gasta a placa temos que tirar con todo.

 

 


 

As de plaquiñas intercambiables son básicamente o mesmo que as soldadas, só que cando se acaban por gastar (estan non se afían) só temos que cambiar a plaquiña por unha nova.

 

 

 

Lóxicamente isto é unha primeira toma de contacto que poderemos ir ampliando con prácticas cando volvamos ó traballo presencial.

2 comentarios:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!