Como temos comentado nas clases máis dunha vez, cando queremos empezar a montar o noso obradoiro, a primeira dúbida que se nos presenta non é outra que, ¿que torno compro? ¿de madeira ou de metal? ¿novo ou usado?.
A resposta á primeira pregunta, se queremos utilizar o torno de xeito profesional, é: de metal. A razón é que os tornos de metal son máis robustos e precisos, sobre todo cando se trata de facer os calibres interiores das pezas, ademais, se queremos traballar o anelado en metal será imprescidible o uso do "charriot", un elemento que os tornos para madeira non teñen.
Novo ou usado?. Aquí vai depender do noso presuposto, que non adoita ser moi elevado na maioría dos casos. O torno CUMBRE, concretamente o modelo 022 é o torno por excelencia no que empezan traballando a maior parte dos novos artesáns, esto é debido a que é un torno antigo pero moi estable, robusto e fiable. Ademáis sempre hai mercado de segunda man para este torno a prezos accesibles, que variará segundo o estado de conservación.
Déixovos a continuación unha serie de 16 videos nos que podemos ver a restauración completa dun CUMBRE 022; sendo un pouco manitas podemos mercar máis barato e poñelo a punto nós mesmos por poucos cartos.
Estes vídeos son para estudar xa!!! Grazas
ResponderEliminarEsa era a intención, Isidro
Eliminar