luns, 8 de febreiro de 2021

Novas Adquisicións para a Biblioteca da EMAO. 3 [BIBLIOTECA]

Continuamos coa relación de títulos recentemente adquiridos. Hoxe tócalle á especialidade de Escultura e talla en madeira.

 


Entre el objeto y la imagen : escultura británica contemporánea : Palacio de Velázquez, Parque del Retiro de Madrid, del 28 de enero al 20 de abril de 1986.-- [México] : Alias, 2017

A publicación corresponde á primeira vez que un conxunto representativo da escultura británica realizada nos anos oitenta puido verse en España. Ademais de materiais biográficos e bibliográficos introdutorios, foron os propios artistas os que seleccionaron as reproducións dos seus traballos acompañadas de comentarios. O catálogo inclúe obras de Anthony Caro, Tony Cragg, Anish Kapoor e Richard Long entre outros.

 


Roteiro / Francisco Leiro ; textos María Toral, Joaquín Jesús Sánchez.-- [Madrid] : Ministerio de Cultura y Deporte, Secretaría General Técnica, Subdirección General de Atención al Ciudadano, Documentación y Publicaciones, D.L. 2019

Francisco Leiro logrou ao longo da súa dilatada traxectoria un estilo persoal único. A súa mostra "Roteiro" crea un percorrido no que o debuxo e a escultura fúndense nunha perfecta harmonía, a través dun conxunto de oitenta obras dividido en sete etapas: Leviatán, Tránsito, Fronteira, Nichos, Lugar, Modelos e Caracteres. A través delas gozamos do imaxinario inesgotable, o xogo de dimensións e a riqueza gestual mordaz, irónica e intelixente deste escultor nado en Cambados que bebeu do surrealismo e do pop art nas súas orixes para crear unha obra única, na que a figura humana atópase no centro da súa creación.

 


Contraposiciones
: arte contemporáneo en Latinoamerica, 1990-2010 / Iria Candela.-- Madrid : Alianza Editorial, D.L. 2012

En "Contraposiciones", a comisaria e historiadora da arte Iria Candela ofrece unha análise profunda e interdisciplinar dalgunhas das obras máis relevantes que se realizaron nos ámbitos da instalación, a performance, o videoarte e a arte pública en América Latina desde 1990 ata a actualidade. O estudo detallado dalgúns traballos de artistas como Doris Salcedo, Ernesto Neto, Gabriel Orozco, Rivane Neuenschwander, Francis Alÿs, Carlos Garaicoa ou Regina José Galindo, entre outros, combínase aquí cun entendemento do papel primordial que a arte contemporánea exerce hoxe na creación de discursos críticos e antihegemónicos.

 


Escultoras en su contexto : cuatro siglos ocho historias / Raquel Barrionuevo Pérez.-- Madrid : Visión Libros, D.L. 2011

Considerado un “oficio” masculino, non apto para mulleres, o traballo escultórico estivo sempre unido ao uso da forza para o seu exercicio e vinculado á esfera pública como elemento conmemorativo. Ao longo deste libro veremos exemplos relevantes de escultoras que desde o Renacemento ata o S. XIX demostraron a súa destreza, alcanzaron fama e romperon o illamento co exterior facéndose visibles. Estudar o contexto no que cada unha destas escultoras logra sobrevivir ao paso da historia, o modo no que cada unha delas posiciona o seu traballo e fai valer as súas achegas, antepoñendo a difusión da súa obra aos convencionalismos e soportando o rexeitamento social para gañarlle o pulso ao esquecemento.

 


El papel de las mujeres en la pintura y la escultura / Trinidad de Antonio Sáenz.-- Madrid : Santillana, D.L. 2018

Repasa unha historia na que a presenza das mulleres no mundo das artes plásticas foi descoñecida, dificultada ou desvirtuada por distintos motivos, relacionados coa súa consideración e posición na sociedade. Detállase como ata o século XIX non foron educadas na práctica artística, salvo no caso de pertencer a talleres familiares ou como expresión de prestixio e refinamento, e como o século XX abriu novos camiños polos que as artistas foron avanzando. Pero as artistas aínda hoxe deben seguir loitando por lograr visibilidade e por que se recoñeza que a calidade do proceso creativo non depende do xénero, senón do talento, a formación e a capacidade de cada persoa.

 


I'm your mirror = Soy tu espejo / Joana Vasconcelos ; comisariada por Enrique Juncosa, Petra Joos ; [textos], Enrique Juncosa, Idalina Conde, Petra Joos, José Luis Peixoto.-- Bilbao : Guggenheim Bilbao / La Fábrica, D.L. 2018

Joana Vasconcelos (París, 1971) é sen dúbida a artista portuguesa máis destacada da súa xeración, especialmente despois da súa participación na Bienal de Venecia de 2005 e da magnífica exposición que presentou no Palacio de Versalles en 2010, a súa obra inspírase no seu país. Utiliza innumerables materiais, desde electrodomésticos ata azulexos, teas, medicinas, sanitarios, potas, cubertos de plástico e moito máis para crear esculturas e instalacións que destacan pola súa gran escala, cromatismo e exuberancia, e que en ocasións inclúen luces, efectos sonoros. 
Este catálogo reúne unha trintena de obras que compoñen a exposición I' m Your Mirror no Museo Guggenheim de Bilbao. Inclúe algunhas das súas esculturas e instalacións máis famosas, como Burka e A noiva. O libro tamén inclúe textos que profundan na obra de Vasconcelos, así como moitas imaxes das obras e exposicións que marcaron a súa traxectoria profesional.

 


Willy Verginer : rayuela / [texti, Luca Beatrice... et al.].-- Albissola Marina (Italia) : Vanilla, imp. 2020

"Rayuela", é o título da exposición de Willy Verginer no Studio d'Arte Raffaelli (Trento. Italia), o artista presenta unha serie de obras cuxa temática xira en torno ao "xogo do mundo", presente en todas as culturas e paradigma da vida mesma. 

A partir do libro de culto do mesmo nome de Julio Cortázar, a obra de Verginer serpentea por un percorrido escultórico no que o principal protagonista é a madeira, traballada artesanalmente e pintada segundo a densidade simbólica da cor. As figuras a tamaño natural esculpidas polo artista cobran vida propia, liberadas da aparente rixidez do bloque de madeira e aprópianse dos espazos da galería. Incluso o uso de cores -sobre todo o rosa, cativador e infantil- convida á realización dunha pasaxe mental, que se traduce nunha invitación para vivir con pureza e asombro.

 

 
 
Jeff Koons / editado por Hans Werner Holzwarth ; [textos de Katy Siegel y Eckhard Schneider].-- Köln : Taschen, cop. 2018

Todo o universo de Koons concentrado nun único libro que nos introduce nas súas obras máis destacadas e inclúe breves análises con referencias da historia da arte. Desde pelotas de baloncesto engaioladas en acuarios ata cans recubertos de flores, o seu inconfundible estilo xoga tanto con imaxes banais como con referencias culturais, por exemplo, do surrealismo e a arte pop.
 
 
 

Ai Weiwei / edited by Hans Werner Holzwarth ; with texts by Roger M. Buergel, Uli Sigg.-- Köln : Taschen, cop. 2020
 
Coñecido tanto polas súas ideas políticas e o seu activismo nas redes sociais como polas súas intervencións sociais, a súa aproximación contemporánea á arte atopada (ready- made) e o seu coñecemento da artesanía tradicional chinesa, a fama de Ai Weiwei esténdese máis aló do mundo artístico. A partir da Edición de Coleccionista limitada de Taschen, esta monografía de Ai Weiwei explora todas as etapas da súa carreira con igual detalle e profundidade. 
Inclúe numerosas imaxes e fotografías que permiten seguir a evolución do artista desde os seus comezos. A través de imaxes, que inclúen fotografías e planos de produción, e declaracións de Weiwei extraídas de entrevistas, ofrécese unha mirada privilexiada ao proceso creativo, as influencias e a relevancia de Ai. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!