Alberto Burri (Città di Castello, Italia, 1915 - Niza, Francia, 1995):
Burri impúxose á escena da arte contemporánea internacional a principios dos anos cincuenta.
Licenciouse en Medicina en 1940 e, sendo médico, caeu en mans dos aliados en Túnez e enviouno ao campo de concentración de Texas, onde comezou a pintar en 1945.
O traballo de Alberto, en oposición ás formulacións da natureza decorativa da abstracción na Europa da posguerra, persegue intervencións mais radicais, que o levan a un xeito peculiar de elaborar o campo pictórico.

Mentres que outros artistas, no seu enfoque sobre a materia pictórica, deron prioridade á inmediatez, ao instinto expresivo e aos xestos, Burri aspira á construción dunha composición baseada no equilibrio.
A súa investigación sobre o "polimaterismo" fíxolle abandonar definitivamente as regras académicas da pintura e romper co plano bidimensional tradicional.
Coas "Sacchi" (bolsas), Burri atrae a atención do público en xeral provocando un enorme escándalo para, posteriormente, experimentar cos ferros e madeiras.
"Os plásticos" absorben o enxeño do artista desde principios dos anos sesenta durante aproximadamente unha década.
Sobre este material actúa con lume, como xa fixera antes con papel e madeira, coma se fose un pincel.
Nos anos setenta creou a súa serie de 'Cretti' (fendas) apoiada no descubrimento do cellotex, a base de caolín e cola branca (acetato de polivinilo).
O que máis tarde se transforma nunha grandiosa intervención espacial transformándoas en construcións de cemento do tamaño dunha cidade destruída por un terremoto en Sicilia.
A grandeza do tamaño das súas obras demostra a intención do artista de converter a pintura nunha experiencia espacial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!