Annabeth Rosen (1957, Brooklyn- NY) estudou na Universidade Alfred ( BFA) e a Academia de Arte Cranbrook ( MFA), e ensinou na Escola de Deseño de Rhode Island, a Universidade das Artes en Filadelfia e a Escola do Instituto de Arte de Chicago. Desde 1997 ocupou a cátedra Robert Arneson Endowed na Universidade de California Davis.
As esculturas de Rosen, feitas de arxila cocida e vidriada, non parecen ter contornos fixos nin forma estable, mesmo a súa escala parece cambiar a medida que miras. Son diversamente volcánicas, bestiais, catastróficas e desconcertantemente divertidas, o que suxire que as cousas van terriblemente mal, pero aínda non irreversibles, según Nancy Princenthal.
O traballo de Rosen foi amplamente exhibido nos EEUU e está na colección do Museo do Condado de Los Ángeles, o Museo de Oakland, o Museo de Arte de Denver, o Museo de Arte de Filadelfia e moitas coleccións públicas e privadas. Mostra o seu traballo con Gallery Paule Anglim en San Francisco. Rosen recibiu múltiples bolsas e premios, unha bolsa Pew, dúas bolsas do National Endowment for the Arts, unha bolsa do chanceler de UC Davis e un premio Joan Mitchell para pintores e escultores.
Impresionante como consigue ensamblar todas esas pequeñas piezas abrazadas por alambres y crear esas grandes esculturas llenas de vida
ResponderEliminarQué chulo, cómo mola ver estas valentías. Gracias, Miguel!
ResponderEliminar¡Guau! Me encanta esta mujer, mucha fuerza en sus esculturas tan potentes genial!
ResponderEliminar