luns, 1 de febreiro de 2021

Choiva [SERIGRAFÍA]

Hoxe revisitamos estas marabillosas xilografías a modo de paraugas parapeto para que nos protexan un pouquiño da que está a caer. Desde a nosa aula enviamosche ánimo e enerxía  a tí que estás aí, alén da pantaia. Imos aló:


A ponte Ō hashi en Atake baixo unha choiva repentina é unha xilografía realizada polo pintor xaponés Utagawa Hiroshige, pertencente a serie Cen famosas vistas de Edo. Mide 34 cm de alto e 22,5 cm de ancho. Datada en 1857, actualmente atópase no Brooklyn Museum of Art de Nova York.
A estampa amosa unha choiva repentina que cae violentamente sobre os transeúntes da ponte Ō hashi, sobre o río Sumida, coa vista ao fondo do barrio de Atake. A choiva está representada con longas liñas verticais de trazos longos que descargan de súbito dende a nube negra. No centro do río represéntase un tanto difuminado pola distancia e o ambiente atmosférico un pescador, que rema rapidamente cara á beira. A imaxe presenta unha composición triangular formada pola ponte e a beira do río, que pretende reflectir a rápida subida da auga e o posible desbordamento do río. A paleta cromática está composta principalmente de azul, gris e marrón, que dividen a obra en tres seccións que pretenden reflectir distintos focos de distancia para o espectador. O autor consegue un efecto de perspectiva aérea a través de diversas gradaciones da cor azul, Hiroshige logrou ao longo da súa obra unha gran mestría sobre esta cor. Outro punto para ter en conta é a inusual perspectiva global que a imaxe ofrece ao espectador, desde un ángulo diagonal situado por encima da escena, co que a vemos de forma elevada. Este efecto, xunto coa composición vertical que corta a ponte no seu parte central e ofrece unha ampla perspectiva do fondo, axudan a acrecentar a impresión dunha escena súbita, instantánea, accidental e que otorga gran dinamismo á imaxe. 
 
Utagawa Kuniyoshi, A beiras do Sumida, 26,7x38,8, Nishiki-e, 1833.

Kuniyoshi vivía preto do río Sumida, polo que esa paisaxe determinou a súa obra. Os barcos procedentes de Asakusa parten de Mimayagashi e atravesan o río Sumida ata Honjoishiwara. A barca da esquerda  da lámina, cuxos pasaxeiros abriron os paraugas, é un transbordador. Algúns homes descalzos camiñan rápido baixo o violento ballón. As tres figuras arrexuntadas debaixo dun paraugas indica que a choiva chegou por sorpresa.

Choiva de primavera. Tsuchiyama, 1836

Dous homes nunha rúa baixo a choiva. Por Hiroshige

Utagawa Hiroshige. 53 estacións de Todaiko. 25,5x38,2. Nikishi-e(1833-1834)


Hiroshige representa nesta estampa un choiva repentina polo que as persoas tentan poñerse a cuberto a pasos presurosos. Un vendedor de cestos sobe correndo sen alento pola empinada senda. Un viaxeiro que vén polo camiño axúdalle a suxeitar os cestos e outra persoa acode na súa axuda cunha antuca.
Hiroshige coidaba os detalles, a paisaxe cuberta por un veo de choiva, a perspectiva creada polo bosque de bambú ao fondo e o cromatismo crean esta magnífica atmósfera.
 

Ao fío do tema recordamos ao noso ex alumno Aarón Sanroman e a peza que fixo para a exposición de Proxectos 2016 ( podedes consultar o catálogo aquí) . O proxecto trata o tema da paisaxe galega a través dunha ventá que nos deixa ollar a choiva coma espectadores dunha viaxe no tempo, onde os diferentes tipos de choiva, e a gran cantidade de palabras que temos na nosa terra para definila, serven para narrar de forma atemporal o sentimento e a historia da nosa terra coma elemento documental. Cada ventá é representativa dun tipo de choiva, sen unha orde aparente ao igual cá capacidade caótica do noso clima de se alterar e cambiar. Os tipos de choiva que se representan son os seguintes (de esquerda a dereita):

1. Boubizo: chuvia miúda e pouco intensa
2. Morriña: chuvia miúda e persistente
3. Dioivo: chuvia abundante e intensa
4. Orballo: chuvia fina e persistente
5. Zarrapallada: chuvia miúda e intermitente
6. Treboada: tromba de auga forte e intensa






















Aarón Sanromán . Dioivo, do catálogo da Exposición Proxectos 2016. Técnica mixta. Serigrafía con resina epoxi e metacrilato líquido, catalizador, verrniz UVI. Estarcido e acabado final a mano con verniz cristal 3D. Soporte de papel con imprimación acrílica negra mate.

 

 
 
 
Enlaces sobre xilografía publicados neste blog:
 

 Canción de Los Mustang, Lluvia de verano, 1965:

 

 As dez mellores cancións sobre a choiva. Por Julián Ruiz de Plásticos y decibelios.

O tempo hoxe en Vigo según a Axencia Estatal de Metereoloxía. AEMET

1 comentario:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!