Como xa comentaramos nunha entrada anterior, nos pasados meses de decembro e xaneiro fóronse incorporando ao noso fondo moderno, especializado en artes e oficios, novos títulos. Neste post e algún outro posterior mostrarémosvos as novas adquisicións da Biblioteca. Lembrándovos que xa están a dispoñibles para préstamo e consulta.
Nesta ocasión ocuparémonos dos adquiridos para as especialidades de cerámica e ourivaría.
A passion for porcelain : essays in honour of Meredith Chilton / edited by Karine Tsoumis & Vanesa Sigalas ; [authors, Daniel Chen... et al.].-- Stuttgart : Arnoldsche Art Publishers, cop. 2020
A Passion for Porcelain reune as conferencias e investigacións que se puideron debater no simposio internacional que baixo o título “Unha paixón pola porcelana” tivo lugar en 2018 no Museo Gardiner Museum, de Toronto (Canadá), en homenaxe ao labor de Meredith Chilton, C.M., unha das máis prestixiosas especialistas na porcelana europea do século XVIII.
Diccionario ilustrado de la joyería / Mª Teresa Jiménez Priego.-- Madrid : ACCI, D.L. 2017
Jewels & jewellery / Clare Phillips.-- London : Thames & Hudson / Victoria and Albert Museum, cop. 2019
Un apaixonante percorrido pola evolución da xoiería a través dos tempos, ilustrado con las fantásticas fotografías de numerosas pezas pertencentes á excepcional colección de V&A (Victoria and Albert Museum).
Chain mail jewelry: contemporary desingns from classic techniques / Terry Taylor & Dylan Whyte.-- New York : Lark, cop. 2006
Este libro contén 30 proxectos que van desde un simple colgante que encerra unha pedra semipreciosa
a un colar plano de cota de malla que combina cores de cobre e aneis de
titanio azul. Inclúe consellos sobre o pulido de pezas terminadas, sobre como agregar perlas ou abelorios, así como unha galería
de traballos de xoieiros profesionais, para inspirar e axudar cos seus
propios deseños e ideas creativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!