Esta entrada, é das que nunca me gustaría ter que facer. Despedir a unha mestra, amiga, como Elena Colmeiro non me resulta nada fácil, pero a vida ten estas cousas. Falar de Elena, é falar de cerámica por suposto pero tamén é falar de xenerosidade, honestidade de rebeldía en definitiva dunha artista do seu tempo.
Ter a sorte de compartir e gozar con ela todos estes anos sempre me pareceu un luxo, a intensidade con que comunicaba as súas elucubracións, a valentía que transmitía á hora de comentar como afrontaba o seu traballo e a curiosidade e interese que prestaba ás novas propostas e xeracións, eran propias dunha mestría intemporal.
A súa obra cargada de innovación e contemporaneidade foi consumindo etapas e enriquecéndose con propostas arriscadas que ás veces como ela mesma recoñecía non entendía de momento o seu significado.
Non cabe a menor dúbida que o que Elena Colmeiro déixanos transciende da súa obra, achegando un valor esencial á cerámica mais alá do propio material.
Ata sempre Elena.
Charla na EMAO Maio 2017 |
Inauguración Casa das Artes 2019 |
Que fermoso traballo...síntoo moito Miguel.
ResponderEliminarDesas persoas pequeniñas que son xigantes.
ResponderEliminarGracias polo esforzo de escreber entre a pena, Miguel