Bernard Palissy (nado en 1510 en Lacapelle-Biron e morto en 1589 na Bastilla, París) foi un soado ceramista francés. Aínda que careceu dunha instrución formal, tivo moitas inquietudes e desenvolveu moitas habilidades; como vidreiro,pintor,ourive,agrimensor,deseñador de xardíns,químico e escritor. É famoso sobre todo por conseguir despois de 16 anos de intentos frustrados unha louza esmaltada similar á porcelana chinesa. Tamén é coñecido por ser cofundador da sociedade protestante de Saintes.
Ao prezo de grandes dificultades este artista e sabio fixo experimentos que desembocaron no descubrimento de esmaltes moi orixinais,os cales contribuíron ao seu renome. Sábese menos da súa vida como cristián fiel.En 1546 coñeceu o Evanxeo. Encarcerado como herético, foi liberado pola raíña, quen o autorizou a instalar un forno para os seus experimentos nunha residencia dos reis. Doutra banda, para tratar de poñelo a salvo das persecucións, o duque de Montmorency outorgoulle o título de «inventor das rústicas estatuitas do Rey».
Durante o histórico masacre de Saint- Barthélémy en 1572, Bernard logrou refuxiarse fóra de París, onde volveu e foi encarcerado en 1588, nun calabozo dunha famosa prisión. Un día, ao visitar aos prisioneiros, o rei Enrique III díxolle: Se vostede non cambia de relixión, vereime obrigado a deixalo en mans dos seus inimigos. Con moita dignidade Palissy contestoulle que el non permitiría que lle obrigasen a negar a súa fe. Dous anos máis tarde, un cidadán parisiense escribiu no seu diario: «Neste ano de 1590 morreu nos calabozos da Bastilla o mestre Bernard Palissy, prisioneiro por mor da súa relixión, á idade de 80 anos. Morreu por miseria e malos tratos».
Encántame o traballo deste home.
ResponderEliminarfaise o que se pode
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarQue interesante... vése que a cerámica de Bordalho Pinheiro, que volve a estar de moda, ten antecedentes ilustres. https://es.bordallopinheiro.com/
ResponderEliminar