Trátase dun punteiro electrónico de ensaio. Non pretende competir coas gaitas MIDI ou electrónicas existentes, xa que non é un instrumento en sí mesmo, senon unha ferramenta de ensaio. A intención dos seus creadores, Javier Ramiro, vigués afincado no morrazo, exalumno do noso obradoiro e, no seu momento creador da sordina para gaita Insogaita, que hoxendía aínda utilizan moitos gaiteiros para os seus ensaios sin molestar demasiado; e
Carlos Pomarada, técnico informático de León; é que substitúa á frauta rectificada que se está a empregar agora, tanto para ensaiar, aprendernovas pezas, como para a iniciación no aprendizaxe da gaita. E verdadeiramente este novo artiluxio ofrece múltiples vantaxes respecto á frauta, a saber: a afinación é perfecta, xa que é electrónica;adixitación e exactamente igual que na gaita (de momento só ten dixitación aberta,ó mellor nun futuro disporá tamén de dixitación pechada), compre ter en conta que a frauta rectificada hai notas que non dá. Está construido a imaxe e semellanza dun punteiro de DO.Aqui tedes un resume da historia de como naceu este proxecto contada en primeira persona
por Javier Ramiro:
Javier Ramiro |
"En días de confinamento un home xubilado (Carlos Pomarada) que quería aprender a tocar a gaita galega, con axuda dos seus coñecementos en electrónica e unha impresora 3D, fixo algo parecido a un punteiro. Púxose en contacto conmigo e ofreceume a súa idea, de modo que pasei todo o confinamento aprendendo electrónica e mercando compoñentes.
Unha odisea, imaxinate, a través do whatssap explicar todo eso e como montalo. Faltábannos coñecementos de solfexo e de gaita, asi que nos buscamos a vida, incluso facendo enquisas polo facebook para ver que notas podiamos poñerlle, como o sol pechado. a continuación busquei un artesán
Carlos Pomarada |
Foron, ata o de agora, catro os artesáns que foron sacando a idea que eu tiña de como debería ser o punteiro. Neste momento Esteban, un artesán de Guillarei, exalumno da EMAO estáme axudando, sin animo de lucro a deseñar un puntiro para Antón Corral.
O punteiro de ensaio, como sempre digo, quere ocupar un vacío entra a frauta de plástico, obsoleta, e as gaitas MIDI ou electrónicas. Para min, ogran éxito, aparte de que o son esta sampleado dunha gaita real, é que ten que ser unha replica exacta na posición dos dedos, e o prezo do máis asequible.
Esteban con Antón |
tonalidades de DO, Sib e Re, e como complemento unha posición para activar a de Do con ronco. Co tempo estça en proxecto a dixitación en pechado de Perfecto Feijó e a gaita asturiana, pero xa depende de que Carlos se aburra e queira facelas, estaban feitas pero unha treboada queimou os discos duros do ordenador."
Decir que a día de hoxe o punteiro que estaban facendo para Antón Corral está xa feito e entregado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!