xoves, 18 de febreiro de 2021

O caderno de apuntes [SERIGRAFÍA]

Como complemento ao que falamos na clase  xa dende o primeiro día do curso  Básico sobre a importancia do uso do caderno persoal para xestionar, rexistrar e organizar a información, exploraremos neste post algunhas páxinas de cadernos de artistas recoñecidos que sirvan de inspiración (sobretodo para o alumnado dos grupos de Superior e Perfeccionamento II que están a desenvolver o PFI, Proxecto Final Integrado). Comezamos a viaxe adentrándonos nun  caderno de Gaugin:

Video Le carnet Noa Noa de Paul Gaugin. Exposición no 2018 no Grand Palais.


 Seguimos con Matisse:

Le Corbusier:

Man Ray:


 Caderno de Turner:

 Constable:


Degas:

Durero:

Klee:

Picasso:


Van Gogh :




 Chagall:


 
 

 

 

 

 

 

 

 

Hopper:

 







 

 

Leonardo da Vinci:

 Cinco dos fascinantes cadernos de Leonardo Da Vinci están na colección do Victoria & Albert Museum dende 1876. Estes cadernos están  encadernados en tres pequenos volumes e foron legados ao Museo por John Forster. Coñecidos colectivamente como Codex Forster, datan de aproximadamente 1487 a 1505 e reflicten o pensamento sumamente extraordinario de Leonardo. Codex Forster I contén tanto o caderno máis antigo  (da folla 41, ao redor de 1487 - 90, Milán) ata o último ( folla 40, 1505, Florencia). Escrito na famosa escritura de espello de Leonardo, nestes cadernos explora dende a enxeñería hidráulica ata un tratado sobre medición de sólidos. 

 Podedes desfrutar o Codex Forster I completo, e con asombroso detalle, no visor de páxinas do Victoria & albert Museum a continuación:

 Explore Leonardo da Vinci's notebooks: Codex Forster I

Goya:

 

Obra comentada: Cadernos de Burdeos (G) y (H). Goya. Debuxos. "Solo la voluntad me sobra" Con motivo da exposición  do Museo Nacional do Prado do 20 de novembro ao 16 de febreiro de 2020, José Manuel Matilla, Xefe de Conservación de Debuxos e Estampas do Museo do Prado, e Manuela Mena comentan os "Cadernos de Burdeos" de Francisco de Goya. Os dous cadernos, " G" e " H", coa data de 1826 nun dos debuxos do primeiro, inclúen unha gran variedade de temas, interpretados con realismo grotesco.

 O seguinte é un vídeo sobre o polémico libro de bocetos de Van Gogh ( polémico porque hai dudas sobre a autoría):


 

Tí:

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 100.00%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="800" height="800" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/602d5985460aa40dafb83f2a" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </di

                           https://view.genial.ly/602d5985460aa40dafb83f2a/game-action-caderno

O TEU caderno de caracter privado, subxectivo, íntimo...

O TEU espazo para capturar e depositar ideas, procesar impresións, bosquexos, xestionar, rexistrar e organizar a información, observacións... 

O TEU campo creativo para cometer erros e probas. Explorar e experimentar para progresar.   Formatos, texturas, grosor, calidade, tamaño… ¿Qué tipo de caderno elixo?. Non fai falla que sexa caro, existen no mercado opcións económicas que dan bo resultado.  Pequenas cousas a ter en conta: que  teña encadernación resistente e mellor que non sexa libreta de espiral porque así podemos debuxar a dobre páxina con máis facilidade. As páxinas mellor cosidas que pegadas ( para que non caian as follas) e probar se a tinta traspasa o papel. ¿Medo a folla en branco? non empeces o caderno pola primeira páxina, podes empezalo por calquera outra e non seguir orde cronolóxica. Cometer erros é esencial para avanzar.

 Neste blog hai un interesante post da especialidade de Debuxo sobre cadernos atopados: arqueoloxía do debuxo  Entre eles hai imaxes cadernos de guerra de artistas das vangardas. Por exemplo André Maré. O artista cubista deixou unha colección de libretas de debuxos da guerra sobre todo realizados en tinta e acuarela, ademais de desenvolver os inicios dos estampados de camuflaxe para soldados. No outro bando os expresionistas Max Beckmann ou Otto Dix, profundamente afectados polo vivido, deixaron constancia dos desatres da guerra desde unha perspectiva autobiográfica en debuxos de campo. Outros  artistas que loitaron nesta guerra  deixaron obra coa temática bélica. Fernand Léger, Apollinaire, Braque, Max Ernst, Grosz, Gino  Severini... e un longo etc. Outros enlaces interesantes:

Os cadernos de notas de Leonardo da Vinci. Victoria & Albert Museum.

 O caderno inédito de Van Gogh

 http://blogs.getty.edu/iris/the-quotable-man-ray/

  Arteneo.com

Los desconocidos diarios de Salvador Dalí. Culturacolectiva. 

 dth: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 100.00%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="800" height="800" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/602d5985460aa40dafb83f2a" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

3 comentarios:

  1. De Leonardo na Biblioteca Nacional consérvase o chamado Códice Madrid.
    Deixo o enlace:
    http://leonardo.bne.es/index.html

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!