Continuamos coa relación das novas adquisicións para o fondo moderno da Biblioteca, hoxe tócalle á sección de novela gráfica e álbums ilustrados.
La casa / Paco Roca.-- 6ª ed.-- Bilbao : Astiberri, 2020
Ao longo dos anos o dono enche de recordos a súa casa, testemuña muda da
súa vida. E aquel é tamén a fiel imaxe dela. Os tres irmáns
protagonistas desta historia volverán un ano despois da morte do seu pai
á casa familiar onde creceron. A súa intención é vendela, pero con cada
traste que tiran enfróntanse aos recordos. Temen estar a se desfacer do
pasado, do recordo do seu pai, pero tamén do seu propio...
Esta obra recibiu numerosos premios:
Premio Eisner 2020 á mellor edición de material internacional
Premio Zona Cómic ao mellor cómic nacional de 2016
Estrela 2016 ao cómic máis destacado do ano polo diario Le Parisien
Gran Premio Romics 2017 do salón do cómic de Roma
Premio Romics 2017 ao mellor cómic europeo do salón do cómic de Roma
A partir dunha foto familiar de 1946, Paco Roca debuxa un fresco sobre a
España da posguerra a través dunha daquelas familias humildes con
serios problemas para acceder ao sustento, obrigada a acudir a diario ao
mercado negro para facerse a duras penas cunha alimentación básica
diaria. Un vigoroso e delicado retrato en cuatricromía
dunha España de tons grises e liberdades cernadas por un réxime político
caldo de cultivo, igualmente, da propagación de miserias morais. Trufada de referentes autobiográficos, Paco Roca dá un paso máis con Regreso ao Edén na súa procura da memoria.
Mies / guión y dibujo Agustín Ferrer Casas ; prólogo de Norman Foster.-- 3ª ed.-- Valencia : Grafito Editorial, 2020
No transcurso do voo a Berlín Occidental, para acudir á colocación da
primeira pedra da Galería Nacional, o famoso arquitecto Mies van der Rohe fai balance da súa azarosa vida co seu neto, o tamén arquitecto Dirk Loham. Recordos das épocas máis convulsas do século XX
nos que se mesturan proxectos, clientes, socios, adversarios, amigos,
amantes... En definitiva, unha vida marcada pola ambición por construír.
Pero sobre todos eles, a memoria nítida dun feito que non pode esquecer e que sempre mantivo en segredo.
El fotógrafo : [edición integral] / Guibert, Lefèvre, Lemercier.-- Bilbao : Astiberri, 2015
Didier Lefèvre é un fotógrafo francés, que en 1986 decide
acompañar a un equipo de Médicos Sen Fronteiras a Afganistán, que neses
momentos está en plena guerra coa URSS. O fotógrafo narra, mediante o debuxo e a fotografía, esta brutal experiencia que marcou a Lefèvre
para sempre.
A expedición de Médicos Sen Fronteiras ten como obxectivo
chegar ao norte de Afganistán, onde a poboación está máis desasistida. Para chegar ata alí deben cruzar a cordilleira do HinduKush, cos seus picos de máis de 6.000 m
de altura. O frío e a neve, o perigo dos bombardeos soviéticos e as
disputas entre os clans afgáns fan que o traxecto sexa moi perigoso.
¡Sonríe! / Raina Telgemeier ; color de Stephanie Yue.-- 7ª ed.-- Madrid : Maeva Ediciones, 2020
Raina só quere ser unha moza normal, pero tropézase e
rompe os dous dentes incisivos. Sufrirá unha operación e terá que
visitar ao dentista durante meses. Ademais terá que “sobrevivir” a un
terremoto, os primeiros amores e a algúns amigos que resultan non selo
tanto.
A historia de Raina levaranos ata o instituto, onde descobre o seu talento musical, o que de verdade significa a amizade.
Premio Eisner 2011 á Mellor Publicación Xuvenil
La Balada del norte. Tomo 3 / Alfonso Zapico ; [prólogo: Tereixa Constenla ; epílogo: Javier Nart].-- Bilbao : Astiberri, 2019
A Revolución de Asturias fracasou. Os rebeldes descargan os seus últimos cartuchos e foxen, mentres as tropas do xeneral López Ochoa e os regulares de Yagüe ocupan cidades e pobos. A xornalista Tereixa Constenla subliña que “na balada do norte, Zapico decidiu darlle á súa terra (a conca mineira asturiana) un relato gráfico detallista e ecuánime
sobre todo o que rodeou a Revolución de 1934, o seu pouco antes e o seu
pouco despois. Un ensaio a sangue e lume da posterior Guerra Civil e da
posguerra.
Novas Adquisicións para a Biblioteca da EMAO 2Novas Adquisicións para a Biblioteca da EMAO. 1
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!