Na actualidade o feito de montar un obradoiro profesional constitúe un doble reto, por un lado están as circunstancias, e dificultades propias de botar a andar un negocio dende cero, e por outro temos que ter en conta a enorme cantidade de oferta en relación coa demanda que podemos atopar.
Hoxe quero presentarvos a Afonso Castro, o primeiro alumno deste obradoiro que decidiu ir a por todas coa montaxe do seu obradoiro, e abofé que o conseguiu. Comenzou os seus estudos no ano 1983, e en 1986 inaugurou o seu obradoiro na vila de A Guarda, trasladandose uns anos despóis ó veciño concello de O Rosal, onde sigue traballando hoxendía.
Afonso non só dedicou o seu traballo a repetir o que aprendeu na escola, senón que foi mais alá buscando novas formas de traballo e experimentando técnicas ate conseguir un selo propio nos seus instrumentos., deixando tempo para a investigación, como a válvula de regulación do ar de ronco, ronquilla e chillón, deseñada e patentada por él mesmo.
Vávula de ronco |
Deixovos a ligazón da súa web, onde podedes coñecelo un pouco mellor e ver o seu traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!