xoves, 30 de abril de 2020

Megaestampers caseiros II [SERIGRAFÍA]


Chus, do grupo Superior,  envíanos estas probas que fixo para o exercicio megaestamper.
Para o exercicio proposto de realizar estampacións experimentando con texturas co que teñamos pola casa, seguimos a recibir as vosas propostas. Unha vez probemos e analicemos as texturas obtidas xa poderemos argallar imaxes máis controladas. Se premes aquí podes ver outras imaxes do post anterior con experimentos caseiros.

Mari Funaki [OURIVARÍA]

Mari Funaki
foi unha artista xaponesa nada no 1950, 
que chegou a Melbourne (Australia) no 1979,  e
alí completou a súa formación en pintura, ourivaría e ferraría, 
o que se reflicte na súa obra. 

Aneis de Mari Funaki
A súa obra céntrase no dominio do espazo con planos xeométricos;
é un traballo de liña, plano, volume e baleiro. 

O que vexo desde a fiestra II [DEBUXO]

O que vexo desde a fiestra foi unha proposta realizada neste blog o 3 de abril. Inicialmente como exercicio para o alumnado do grupo Medio, pero aberta á participación de quen tivese ganas de debuxar. Hoxe, case despois dun mes, quero que vexades os resultados. Confiaba en que a participación fose máis ampla, de feito quero que esta proposta siga aberta ata que remate o confinamento.
Agardo os vosos debuxos. Os que vedes hoxe, ningún deles pertence ao alumnado do grupo Medio.
Moitas grazas aos que participastes.

Animádevos!!!

DEBUXOS RECIBIDOS

Ana enviou este debuxo tan bonito desde o seu confinamento en Milán

O "acabado" da madeira. [CAIM GAITA]

Pito con acabado
en cera con aceite
Chámaselle "acabado" ó proceso mediante o cal aplicamos á madeira algún produto (natural ou sintético) que achegue brillo en diferentes intensidades, tacto suave e protección.
O tipo de acabado escollido vai depender do resultado final que busquemos e do grao de protección que desexemos. Como norma xeral, o brillo máis intenso, e a maior protección, conséguese aplicando vernices, mentres que coas ceras obteremos un brillo máis discreto, tipo satinado, e, cos aceites, conseguiremos un acabado máis natural, cun certo brillo e un tacto moi suave.
Unha cuestión a ter en conta é que os acabados con cera ou aceite teremos que renovalos cada certo tempo, o que fai que o mantemento sexa un pouco máis laborioso.

30. La casa de los dioses. Mirar en tiempos de cólera [PINTURA]

El Panteón de Roma, es un ejemplo del grado de perfección que alcanzó la arquitectura romana.
Fue erigido durante el reinado del emperador Adriano (117-138 d.C.) sobre los restos de un templo anterior, que mandó construir Agripa.
Esta dedicado a todos los dioses (etimología de Panteón) y es la mayor cúpula de hormigón de la historia (aligerada con roca volcánica).
Miguel Ángel dijo que su diseño parecía divino y no humano. 

Pequenos Tesouros da Biblioteca García Barbón da Escola Municipal de Artes e Oficios. 2 [BIBLIOTECA]


Hoxe continuamos a relación dalgunhas das obras máis curiosas que conservamos no noso fondo histórico.

mércores, 29 de abril de 2020

Exemplos para a construción dun broche - curso Superior [OURIVARÍA]

Este exercicio é unha proposta para o curso superior.
Sería o seguinte exercicio previsto a comezar a seguir ao do acibeche.
O exercicio cos seus requisitos xa volo enviara, tédelo no voso email.

Simone Giesen

Neste artigo preséntovos algúns exemplos, 
e así ides xa pensando en como queredes construír o voso broche.
Para plasmar esas ideas 
podedes facer o bosquexo debuxado no papel, 
ou construír unha maqueta tridimensional con arame, papel, cartón ou calquera outro material que vos poida servir para materializalo en tres dimensión e a tamaño real.

Observar, conectar, celebrar [SERIGRAFÍA]

Nun anterior post vimos o que supuxo Corita Kent como artista, serígrafa e activista. A súa figura non revolucionou só a arte da serigrafía senón tamén o das pedagoxías artísticas. Hoxe centrarémonos nos seus novidosos métodos nas ensinanzas de arte e no desenvolvemento da creatividade. Escribiu o xa famoso Decálogo de regras de estudantes e mestres en 1968, que foi popularizado por John Cage.

PRIMEIRA: Atopa un lugar da túa confianza e trata despois de confiar nel por un tempo.
SEGUNDA: Obrigacións xerais dun estudante: Extraer todo do seu mestre; extraer todo dos seus compañeiros de estudos.
TERCEIRA: Obrigacións xerais dun mestre: Extraer todo dos seus estudantes.
CUARTA: Considera todo un experimento.
QUINTA: Ser autodisciplinado: isto significa atopar a alguén sabio ou intelixente e elixir seguilo. Ser disciplinado é seguir o bo camiño. Ser autodisciplinado é seguir un camiño mellor.
SEXTA: Nada é un erro. Non tes que gañar nin perder, só facer.
SEPTIMA: A única regra é o traballo. Se traballas chegarás a algo. Son as persoas que fan todo o traballo constantemente as que finalmente conseguen as cousas.
OITAVA: Non trates de crear e analizar ao mesmo tempo. Son procesos diferentes.
NOVENA: Sé feliz sempre que poidas. Goza de ti mesmo. É máis fácil do que pensas.
DÉCIMA: Estamos a romper todas as regras. Incluso as nosas propias regras. E como o facemos? Deixando moito espazo para a incerteza.
SUXESTIÓNS EXTRA: Sempre estar ao redor. Ven ou ve a todo. Ve sempre a clases. Le todo o que caia nas túas mans. Mira películas atentamente, a miúdo. Gárdao todo. Podería ser útil ao final.

Debuxos desde o búnker II [DEBUXO]

O noso amigo Ramón Trigo, que nos deleitou cos seus "debuxos desde o búnker", confiando en que o confinamento nese espazo reducido durase 15 días, remataba súa libreta, encheu do seu vómito artístico as páxinas coas que contaba, pero rematouna. Eses que ían ser 15 días, convertéronse nunha verdadeira e prolongada corentena... e o tempo segue a pasar.
Ramón tivo que saír do búnker. Atravesou un campo de minas e obstáculos de fío de púas entre os disparos cruzados dos inimigos, pero puido conseguir o papel co que seguir o seu diario de debuxos.
O outro día comezou o seguinte caderno con tres debuxos que titulou "Encontros inusitados", agora en técnicas secas :

DEBUXOS DESDE O BÚNKER II 

16 de Abril. Encontros inusitados. I


Conferencia sobre as artes da imprenta [SERIGRAFÍA]

Este seminario, organizado polo Instituto do Patrimonio Cultural de España ( IPCE) e celebrado na súa sede do 6 ao 8 de maio de 2019, revisou os diversos procesos de creación tradicionais da arte gráfica –gravado sobre metal e madeira, litografía, serigrafía– así como os máis novos, e o seu resultado, a estampa. Coñecer e recoñecer os procesos de estampaxe e impresión é esencial para a correcta identificación, conservación e restauración de estampas. O director da Imprenta Municipal de Madrid, Francisco Marín Perellón, foi o responsable de impartir esta conferencia baixo o título ‘As Artes da imprenta na Imprenta Municipal – Artes do libro: gabinete e talleres’.

Museo da Gaita de Xixón. [CAIM GAITA]


Casa dos González de la Vega
Hoxe coñecemos o museo de gaitas máis antigo de estado, unha visita ineludible para os amantes da gaita e da cultura popular en xeral.
O Muséu de la Gaita foi fundado polo Concello de Xixón no ano 1966, no antigo Instituto Jovellanos, co obxectivo de dar a coñecer a gran diversidade de gaitas empregadas no mundo, así como as melodías, danzas e tradicións existentes arredor deste instrumento.
A colección foise incrementando grazas ao labor do seu primeiro director, Rafael Meré, e no ano 1974 trasladouse ó Muséu del Pueblu d’Asturies. Dende 1992 ten a súa sede na Casa dos González de la Vega.

"A Viaxe de Ruth" Un Documental sobre a Fotógrafa Ruth Matilda Anderson [BIBLIOTECA]



Na nosa biblioteca temos o libro  "Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia" Premio Paraugas 2017 ao mellor libro de arte, outorgado polo Cluster da Comunicación Gráfica


Hoxe traemos ao noso blog o documental "A viaxe de Ruth", un proxecto crowdfunding da Asociación Cultural Dous Punto Oito. Dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosa.

Entrevista a Agustín Codina, do obradoiro Recuncho do Repuxado [Coiro]


Rompemos hoxe o confinamento e viaxamos ata Ferrol, onde imos coñecer O Recuncho do Repuxado, o obradoiro de Agustín Codina.

-¿Como comezaches no Coiro?
-O meu primeiro contacto co coiro foi en 1984, un taller realizado na semana cultural nun colexio do meu barrio, facer pulseiras.

Explorando A Condición Humana I [CERÁMICA]


Xooang Choi (Corea do Sur, 1975) é autor dunha obra escultórica que nos sorprende e inquieta ao mesmo tempo. As súas figuras, dentro dun esquema que podemos considerar como realista na que en moitas ocasións a textura da carne imítase dun modo extraordinario grazas ao emprego dunha cerámica plástica especial, nin moito menos hiperrealista. Mestúranse formas, magnifícanse ou deforman partes concretas do corpo ou xéranse contornas enigmáticas. En todo momento, a personalidade dos seus personaxes imponse á súa forma física, adquirindo toda a obra un alto carácter expresionista. 

Choi modela corpos concretos para transmitir un estado de deterioración nas interaccións sociais.Visualiza as propiedades de cada individuo a través da propagación de rumores. Ten unha enorme cabeza, demasiado pesada para levantarse, quen pide esmola con enormes mans, o que ten un extraordinario sentido do olfacto, ou o que ten enormes pés.

29. Odiseo. Mirar en tiempos de cólera [PINTURA]

JANNIS KOUNELLIS (El Pireo, Grecia, 1936-ROMA 2017):
Sobre la relación de la naturaleza y el hombre, que en tiempos del CoVID-19, nos a ¨noqueado¨, quisiera hablar sobre este maestro del movimiento Povera italiano en los años 60 (un grupo de artistas que pretendían desmantelar la jerarquía de los materiales, rechazaban el consumismo y se interesaron por las fuerzas de la naturaleza y la modernidad industrial).

En sus instalaciones combina animales vivos y vigas de hierro, bolsas de yute, trozos de carne y madera, reinventó la experiencia del fuego como inicio de la cultura. Siempre (como afirmaba constantemente) desde la perspectiva visual y ética de un pintor.

Kounellis obraba con la demolición de algunas leyes ¨sagradas¨ del arte: la durabilidad de la obra artística.

















¨Concibo el arte como una aventura¨.
J.K.

martes, 28 de abril de 2020

Mulleres escultoras: Os obradoiros do silencio (parte 8). Camille Claudel a Escultora (2ª parte) [TALLA E ESCULTURA]

Camille Claudel




 A partir de abandonar o escultor comeza un novo período na vida de Camille. Afastada del, ferida no seu orgullo, comeza a camiñar entre a depresión e a ira. Segue creando e o seu talento é recoñecido, pero hai algo que a leva a destruír moitas das súas esculturas. 

Propostas da semana [DEBUXO]

Hoxe quero propoñer os exercicios da semana para tódolos grupos. Comezamos cos grupos de

BÁSICO E INICIACIÓN

Os que xa rematastes a proposta de puntos sobre zapato da semana pasada, e xa como debuxo final desta serie, esta semana faremos o denominado COMBINADO.
O combinado quere dicir que utilizarei dun xeito libre e combinado todo o que vimos anteriormente co recurso da liña con estilógrafo: liña contorno, liña volume, puntos e tramado de liñas.

FASES:
  1.  Debuxo un zapato ou calquera calzado co método anterior utilizando o lapis HB.
  2. Realizo o rotulado do contorno e o límite de formas procurando ser preciso fixándome ben no acabado dos detalles do zapato.
  3. Ilumino cun foco para potenciar os volumes.
  4. Analizo os tons e as texturas, valorando a utilización que farei tanto de texturas visuais como de escala de grises cos estilógrafos.
  5. Aplico o aprendido sen límite intentando axustarme á realidade que vexo. Utilizarei o estilógrafo 0.2 e 0.4.
Deixo algúns exemplos doutros anos. Fixádevos ben en como se combinan liñas e liñas e puntos... Ánimo!!


Libros: EL hombre y la madera. Monográfico integral. [CAIM GAITA]

Basajaun/Madreselva
Ed. GAIA SCCRL. 1984.
ISBN 84-85351-52-5.

Hoxe tráiovos un clásico no mundo editorial sobre a madeira, varias veces reeditado dende o seu orixinal, como monográfico, en dous volúmes da revista de ecoloxía e vida natural INTEGRAL.
Non trata sobre instrumentos musicais, mais del podemos obter moitas cuestións válidas, xa que é un tratado, en toda regra, sobre a madeira e o seu uso tradicional, ferramentas non eléctricas que antes e agora aínda se usan, técnicas e métodos de traballo, obtención tradicional da madeira, os tipos de madeira dos nosos bosques e infinidade de ideas a realizar.
Eminentemente práctico, inclúe ademais fórmulas naturais de vernices, pinturas, conservantes, ceras e outros produtos accesorios ó traballo da carpintería.
Posiblemente sexa un dos mellores traballos publicados sobre o tema, tanto dende un punto de vista ecolóxico como de cultura tradicional. Unha mostra de como os métodos populares se atopan en equilibrio coa Natureza.
O resultado non é só un manual sobre o emprego artesán deste material, é tamén un estudo etnolóxico sobre o uso tradicional deste recurso natural cada vez máis escaso.

Pequenos Tesouros da Biblioteca García Barbón da Escola Municipal de Artes e Oficios. 1 [BIBLIOTECA]


Nunha entrada anterior falabamos da nosa biblioteca, dos fondos que conserva, o fondo histórico, o fondo moderno, e o fondo artístico e histórico non bibliográfico. Nestes días anteriores ocupámonos das novas adquisicións para o fondo moderno especializado en arte e en oficios artísticos e tradicionais. Hoxe imos sinalar algunhas das obras máis interesantes e curiosas que se conservan no fondo histórico.

luns, 27 de abril de 2020

Mulleres escultoras: Os obradoiros do silencio (parte 8). Camille Claudel a Escultora (1ª parte) [TALLA E ESCULTURA]

Camille Claudel



Se hai unha escultora que foi inapreciada na historia por ser apaixonada e namorarse dun gran escultor, esa foi Camille Claudel. A súa vida transcorre sempre á sombra do seu mentor e amante August Rodin. Nos libros de historia só era mencionada como a inestable axudante, musa e moza amante do escultor, que viviu de tal maneira a paixón que a levou á tolemia e a un final tráxico. Iso é certo pero totalmente inxusto con Camille, ela foi moito máis que a alumna amante dun importantísimo escultor, que non a deixou nunca brillar e que se aproveitou do seu talento e a súa debilidade. Camille á parte da súa propia mente, foi vítima dunha sociedade machista contra a que non lle importou enfrontarse e iso levouna á escuridade. A súa obra foi tan importante como a do seu mentor. Moitas das obras outorgadas a Rodin crense obras da escultora; segundo afirman moitos historiadores a súa obra foi máis innovadora, xa que ela foi capaz de romper co estilo neoclásico de Rodin para expresarse a través dunha escultura moito máis expresionista. Por iso é de xustiza coñecer a Camille como a muller escultora que foi, e non só como a sombra de Rodin. En 2017 inaugurouse un museo, Musée Camille Claudel, co seu nome e a súa obra, outorgándolle así por fin independencia artística do seu mestre.

28. II Cuerpos celestes de H2O. Mirar en tiempos de cólera [PINTURA]

Esta es la segunda serie que estoy haciendo sobre los cuerpos celestes, en la que intento reflejar una contemplación de la cúpula astral.

Como indique en la entrada numero 25 de ¨mirar en tiempos de cólera¨ , identifico una gota de tinta con un planeta, estrella o la órbita de un planeta.

En esta serie pruebo la evolución de la tinta acrílica con otros colores.


Exercicios de modelado para bosquexos de pezas de forxa - Parte II [OURIVARÍA]

Para comezar este artigo 
quero lembrar que este exercicio é unha proposta para o alumnado de todos os grupos, cuxo
o obxectivo é a creación dunha peza na que se aplicarán as técnicas de forxado, pero para iso comezábamos polo modelado de tres bosquexos tridimensionais, 
aquí podedes ler a proposta inicial .    

 María Hanson

Agora que xa me están a chegar imaxes dalgúns bosquexos modelados, vou explicar o seguinte paso, que será a elaboración do padrón en papel, para despois poder pasalo ao metal e comezar así o procedemento de forxado.

As Mulleres da Bauhaus [CERÁMICA]


Marguerite Wildenhain deu á cerámica un enfoque duradeiro, práctico e simple. Era filla de alemán e inglesa e, tras estudar na Escola de Artes Aplicadas de Berlín, chegou á Bauhaus cando o obradoiro de cerámica só era "unha habitación cun forno". 

En 1929 alcanzou a meta Bauhaus das cerámicas manufacturadas en serie, grazas a contar cun forno de proba e cooperar coa Royal Porcelain de Berlín, lanzando produtos funcionais e baratos co slogan de 'porcelana para a nova vivenda'. Quizá polo éxito, a pesar da súa ascendencia xudía, puido continuar producíndoa durante o período nazi, borrando o apelido dos papeis públicos.

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 16. TARMOT [ENCAIXE DE PALILLOS]

Hoxe falaremos sobre un encaixeiro finés, que continuando coa temática do encaixe mural ou espacial, produce algunhas propostas neste senso.


Corita Kent [SERIGRAFÍA]

Laura Currais, do grupo de Básico mándame esta imaxe que fixo de Corita Kent a partir do que falamos dela na aula. Graciñas Laura :)
Corita Kent, artista, activista e monxa, foi directora do departamento de arte do Immaculate Heart College de Los Ángeles introducindo novedosos métodos experimentais de ensinanza das artes. Afastouse da vocación relixiosa para protestar coa súa arte, sobre a guerra, os dereitos civís, a pobreza e o racismo, entre outros temas. Atopa na serigrafía a linguaxe ideal para expresar as súas mensaxes reivindicativas. Destacan as súas composicións de cores vibrantes baseadas na cultura popular, as tipografías feitas a man, na maioría dos casos citando fragmentos de cancións ou libros de Samuel Beckett, Albert Camus, John Lenon ou Gertrude Stein, entre outros. Elixe esta técnica pola posibilidade de facer copias e achegalas a todas as clases sociais. Dentro do seu círculo de amigos había nomes tan relevantes como Charles e Ray Eames, Saul Bass, John Cage ou o cineasta Alfred Hitchcock entre outros.

Corita Kent. Imaxe de Laura Currais, alumna do grupo de Básico















Proxecto Teresa [DEBUXO]


María Teresa é unha alumna do grupo Avanzado, é dicir, xa nos coñecemos hai catro anos, pero recordo perfectamente o seu primeiro día de clase. Cando facíamos a rolda de presentacións, na que falamos de nós e das motivacións que nos levan a estar en Debuxo como alumnado...  ante a pregunta "¿Por qué estás en Debuxo, cal é a túa motivación?", a resposta de Teresa foi ben clara:

- Quero aprender a debuxar sombreiros.

A relación de María Teresa co mundo da moda vén de moi atrás. Sevillana afincada en Vigo, rexentou unha prestixiosa tenda de moda durante trinta anos, pero as circunstancias mudaron e unha persoa con esta capacidade de inventiva reciclouse e hoxe deseña tocados e sombreiros. De aí o seu interese polo debuxo. Aplicalo no seu traballo de deseño.

Hoxe quero mostrar unha parte deste traballo. María Teresa produce de xeito incansable, ben as súas propias propostas, ben interpretando outras que obtén de revistas ou ben practicando a partir de imaxes de ilustración de moda. Consulta tódolos libros posibles para empaparse dos estilos que lle interesan para levar logo a concretar nos seus deseños esa forma de facer. Estas imaxes son unha mestura de todo este traballo con inspiración  nas obras de Blossac, René Gruau ou Constance Wibaut, entre outros.  Sigue así, con esa forza!!

René Gruau.

Novos Libros para a Biblioteca da EMAO. 3 [BIBLIOTECA]



Continuamos coa relación de libros adquiridos recentemente. Hoxe traemos bibliografía para as especialidades de moda e confección, artesanía do coiro, cerámica, pintura e música. Todos estes títulos forman parte do fondo moderno da nosa biblioteca, especializado en arte e oficios artísticos e tradicionais. Espero que os poidades consultar pronto.

Proposta de Traballo 1 [Coiro]

Moucho tallado en sola realizado por Carmen Mariño
Imos comezar esta semana, que vai ser un pouco curta, de lúns a "xornes", cunha proposta que vai a dar moito xogo.
Imos traballar un pouco coa cabeciña, na peza que imos realizar, e aproveitar materiais, xa que como moitos de vós non tedes material imos aproveitar o que temos por casa, unha cazadora vella, un cinto, uns zapatos gastados...




Libros: Instrumentos Musicais nos Museos de Urueña. [CAIM GAITA]

Joaquín Díaz e Luís Delgado dirixen dous dos museos máis interesantes que existen sobre Instrumentos musicais, ubicados ambos na localidade vallisoletana de Urueña. Trátase dunha selección de ambas institucións: O centro Etnográfico 'Joaquín Díaz', orientado a instrumentos tradicionais, en especial de Castela e León, e o Museo da Música 'Luis Delgado', que contén Instrumentos do Mundo, antigos, modernos e curiosos. Con estrutura de fichas dedica dúas páxinas a cada instrumento, a da dereita a unha fotografía de excelente calidade e a da esquerda inclúe un texto explicativo, que aínda que non é excesivamente profundo da unha idea clara da súa historia e uso. Así podemos atopar rabeis, cornos, dulzainas ou gaitas, fujaras, gadjicas, baixos eléctricos ou os primeiros sintetizadores.

27. La sombra del pasado. Mirar en tiempos de cólera [PINTURA]


La batalla contra el corona-virus, se define como una suerte de 3ª guerra mundial.
Gerhard Richter es un pintor que ha trabajado sobre el trauma que supuso la 2ª gran guerra.

Henckel von Donnersmarck (cineasta alemán), repaso desde la ficción, la vida del pintor Gerhard Richter en el largometraje: ¨La sombra del pasado¨.
Reflejando al mismo tiempo los años mas violentos del siglo XX en Europa (desde el surgimiento de la Alemania nazi, la 2ª guerra mundial, el muro de Berlín, hasta los años 60 en las dos Alemanias).

“La mejor manera de describir el grado de libertad del que disfruta una sociedad es detenerse a analizar el arte que genera”.
Florian Henckel von Donnersmarck.

Gerhard Richter (Dresde 1932):
Nacido en el apogeo del nazismo, sobrevivió a la guerra en su ciudad natal.
Se formó como artista bajo los estrictos postulados del ¨realismo-social¨  en la Alemania Oriental.
Ya con cierta fama (pintando al servicio del gobierno la RDA), acabó huyendo a la República Federal Alemana, con la idea de encontrar su propia voz dentro de la pintura contemporánea.
Hoy es uno de los más importantes pintores de nuestro siglo.


 Gerhard Richter, 1966.

Gerhard Richter, 2018.

Estrevista a José Ramón Melchor de Quercur Leathercraft [Coiro]

Seguimos rompendo o confinamento por terras de Lugo e hoxe imos de visita ó Obradoiro de José Ramón Melchor, que se chama Quercur Leathercraft.

José Ramón
-¿Como comezaches no Coiro? 
-Empecei como hobby hai 10 anos, de maneira autodidacta, para facer fundas, bolsas e correas para a min e para regalar a amigos. Tras coñecer foros como leatherworker.net, subscribinme a revistas do ramo (The leathercrafters and saddlers journal) e comprar DVD de mestres americanos, fun avanzando e creando un pequeno taller. En 2014 decidín montar un taller oficialmente e tiven a sorte de que Pepín Vives, un excelente talabarteiro mallorquino, coñecese o meu traballo e decidise instruírme pasando desta forma a ser o seu alumno, visitándoo regularmente para terminar de puír algunhas técnicas. Aínda hoxe sigo aprendendo e mantendo contacto con moitos artesáns cos que comparto coñecementos, é vital a actividade "gremial" para crecer como artesán e manter vivos os procesos tradicionais dos oficios.

venres, 24 de abril de 2020

Para cando se poida viaxar [CAIM ZANFONA]

Desta volta convídovos a coñecer o Museo da música de Urueña (Valladolid) pertencente á Fundación Joaquín Díaz.

Nel podedes atopar un importantísimo conxunto de instrumentos de todo o mundo e épocas, que o músico e compositor Luis Delgado comezou a coleccionar sendo un rapaz de 15 anos.

Neste enlace podedes facer unha visita virtual ao museo.


Escultores hiperrealistas:Traballando na aula con Brunno Walpoth [TALLA E ESCULTURA]

Bruno Walpoth na nosa aula




Hoxe vouvos  presentar  un dos meus escultores contemporáneos favoritos, Bruno  Walpoht. As obras de Bruno non só son esculturas perfectas desde o punto de vista da realización técnica, van máis aló  conectándonos co máis íntimo, con ese retrato que capta as emocións e fraxilidade do ser, son seres con certa nostalxia, íntimos, realizados sen artificios, seres esbrancuxados que senten e sentes vulnerables.

26. ¡Sal al balcón!.... Mirar en tiempos de cólera [PINTURA]


26. ¡Sal al balcón!.... Mirar en tiempos de cólera [PINTURA]

En esta época de aislamiento mundial, el arte a encontrado nuevas vías de comunicación:
El espacio virtual y el físico, a través de las ventanas, los balcones o las fachadas de nuestras casas, que han asumido el papel y la importancia de las plazas de la ciudad para la expresión colectiva, al tiempo que se desdibujan los límites entre la esfera pública y la privada.

Frida SandströmMeans of sabotaje (significados del sabotaje).
Parque de juegos en Ursynów, Poland, 29 March 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 15. TORD BOONJE DESEÑO [ENCAIXE DE PALILLOS]




Tord Boonje, un deseñador de lámpadas e interiores, penetra no mundo do encaixe desde unha perspectiva matérica e fálanos da propia linguaxe da materia sen fiar. A materia tecida sen convertela en fío produce uns efectos moi próximos á natureza. Proponnos isto, tecer coa técnica encaixeira directamente ao natural.
Con encaixe, todo o valor invístese na man de obra e polo que parecía unha boa idea comezar a traballar con materiais baratos. Pero tamén, cambiando o material pode cambiar as referencias.
As obras da exposición inclúen un dramático sofá negro que xorde dunha grande estrutura en forma tridimensional de fibras de Aramida e Dynema. O sofá é un exemplo no que se empregaron habilidades artesanais tradicionais substituíndo materiais pouco ortodoxos.

Aniversario da Library of Congress [BIBLIOTECA]


Hoxe cúmprense 220 anos da fundación dunha das bibliotecas máis importantes do mundo. A Biblioteca do Congreso foi fundada o 24 de abril de 1800, polo Presidente John Adams cando se estableceu un fondo de 5.000$ para a compra dos libros necesarios para as funcións do Congreso. Nacía a Biblioteca do Congreso de EEUU (Library of Congress) na cidade de Washington.
Na actualidade é unha das maiores e máis importantes bibliotecas do mundo.
Os seus fondos son impresionantes. Posúe unha colección de máis de 168 millóns de ítems, que inclúe máis de 38,6 millóns de libros catalogados e outros materiais impresos en 470 idiomas; máis de 70 millóns de manuscritos; a maior colección do mundo dos materiais legais, películas, mapas, partituras e gravacións de son; e a maior colección de libros raros en América do Norte, incluíndo unha das únicas catro copias en perfecto estado da Biblia de Gutenberg, e o borrador da Declaración de Independencia. 

Lata [DEBUXO]

Para o alumnado do grupo Medio esta semana a proposta para empezar coa cor era debuxar:

UNHA LATA

Pero engadía que o acabado debía ser gráfico, non pictórico, aínda que sei que os límites poden quedar difusos, o obxectivo é que a cor lle dea aos debuxos unha achega máis de información pero con execución rápida e na que a liña teña presenza significativa.

PASOS DO PROCESO:

1.

















Collo o obxecto lata. Sitúoo nunha posición que me resulte atractiva. Comezo o debuxo co lapis 2H sobre a libreta de acuarela. Lavade as acuarelas, non fagades coma min. Que conste que despois desta foto as lavei.

Gaitas da península: Sac de Gemecs (Cataluña) [CAIM GAITA]

O Sac de gemecs, que tamén recibe outros nomes como buona (en Andorra), bot (en Pallars, Ribagorça e Arán) é a gaita de Cataluña. É un instrumento aerófono composto por un boto ou saco que se infla co soprador, tres roncos e un punteiro (grall).
A persoa que toca este instrumento é chamado sacaire. En Andorra chámase buner.
O sacaire acostuma estar acompañado polo flabiolaire ou flabioler que toca o flabiol, e a pandeireta, unha formación coñecida como media cobla. Ou no caso dun terceiro instrumento, este último dunha dobre cana como a xeremia ou o tarot, a formación chámase cobla de tres cuartos. Tamén adoita aparecer en moitas formacións folclóricas, neste caso en combinacións máis diversas.

Victoria and Albert Museum - Arte e Deseño [OURIVARÍA]

Un paseo polo Victoria and Albert Museum


Fundado no 1852 en Londres, 
é o museo máis grande adicado á arte e ao deseño.
Conta cunha das maiores coleccións en artes decorativas e aplicadas, e 
tamén é unha importante institución en materia de investigación e conservación nas artes e oficios.



Cabaré Fledermaus [CERÁMICA]

O Cabaré Fledermaus era unha obra de arte extrema
Demasiado irreverente, innovador, a creación total. Concibido pola Wiener Werkstätte, unha cooperativa de artistas fundada polo arquitecto Josef Hoffmann e o artista Koloman Moser, con textos de Peter Altenberg, lucía un deseño transgresor que marcou a transición da Secesión ao expresionismo en Viena, na que se implicaron Gustav Klimt e Oskar Kokoschka. Só o bar estaba decorado cun mosaico de 7.000 azulexos de maiólica obra de Bertold Löffler. En 1913, seis anos despois da súa apertura, cumpríronse as expectativas. Afundiuse na bancarrota e pechou as súas portas. Algo máis dun século despois, un equipo de 50 persoas traballou para recrear ese bar peza por peza e expoñelo como unha obra de arte nun dos museos máis prestixiosos do mundo, o Belvedere de Viena.

Entrevista a Santiago Besteiro [Coiro]


E xa que rompemos o confinamento e estabamos por Lugo achegámonos a Monterroso para coñecer o obradoiro de Santiago Besteiro.

Santiago Besteiro
-¿Cómo comezaches no coiro?
-O meu primeiro contacto co coiro foi nunha formación que fixen na Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón.  No ciclo superior de Artes Aplicadas á Madeira tíñamos una asignatura que era  Repuxado en coiro, alí aprendíamos as técnicas de repuxado en coiro así coma  policromías e dourados sobre este.
Compartía piso con dous compañeiros de ciclo, e un deles aficionouse moito co coiro e comezou a facer carteiras e moedeiros, e animoume a traballar con el. Así foi o comenzo.

xoves, 23 de abril de 2020

25. Cuerpos celestes de H2O, Mirar en tiempos de cólera [PINTURA]


Cuerpos celestes de H2O:

Esta es una serie que estoy haciendo confinado en casa, en la que intento, reflejar una contemplación de la cúpula celeste, identifico una gota de tinta china con un planeta o estrella.

La elaboración es muy rápida, algunas intervenciones duran como máximo 24 segundo, intento de esta manera que el azar y el movimiento de la tinta china o de la tinta acrílica (material que recomiendo), se deslice libremente, al difuminarse crea una aureola como si fuera el efecto lumínico de la luna.

A miña selección de libros de técnica de escultura e talla. Feliz Día do Libro [TALLA E ESCULTURA]



Hoxe, día do libro, nesta entrada no blog déixovos unha recomendación dalgúns textos que considero que vos poden resultar de interese para a nosa actividade, algúns deles están na biblioteca do centro. Tamén vos deixo un enlace a unha páxina onde podedes descargar unha serie de libros de escultura en formato pdf gratuitamente.

¡¡Deséxovos un feliz día de lectura!!

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 14. Nike/Flyknit por ERNESTO NETO [ENCAIXE DE PALILLOS]



Resulta que Nike deu a coñecer un zapato de excelente calidade, moi excelente, feito a partir da -si, xa o supuxo- tecnoloxía Flyknit. O produto revolucionario permite que a parte superior se constrúa enteiramente con fíos deseñados con precisión, eliminando cantidades enormes de residuos e dando aos atletas de rendemento un axuste lixeiro como a luva.

Os cables están construídos a través dun tecido transpirable, que actúa como un corsé esquelético e móvese co pé como unha segunda pel. Esta é a zapata moi usada por moitos dos corredores olímpicos, formada por un material que se di que cambia o xeito de deseñar, fabricar e desgastar o calzado de rendemento.

O Moucho [SERIGRAFÍA]

Con motivo do día do libro, dende a aula de Serigrafía queremos recordar a Alvaro Álvarez Blázquez, pioneiro da serigrafía en Galicia e cuxa traxectoria estudamos nas clases de historia. Hoxe centrarémonos na colección de libros O Moucho. 
En 1964 o seu irmán Xose María Álvarez Blázquez funda edicións Castrelos. Anos máis tarde, en 1967, realiza dúas coleccións troncais, O Moucho e Pombal. Álvaro encárgase de realizar as coloristas portadas da colección O Moucho en serigrafía, que daquela era unha  novedosísima técnica.



O Quixote ilustrado III [DEBUXO]

Hoxe é día 23 de abril, o día do libro, e quero retomar os Quixotes ilustrados para conmemoralo.

Atopámonos no século XIX, caracterizado principalmente como século de revolucións, tanto sociais como tecnolóxicas. Esta revolución tecnolóxica chegará aos usos gráficos coa aparición da litografía en 1796 e da fotografía en 1839; posteriormente xa o cine, en 1895. Estes dous descubrimentos ou invencións, litografía e fotografía, popularizarán o acceso ao mundo da imaxe, xa que a súa realización e copia se abarata. Popularízase a prensa periódica ilustrada e o libro ilustrado.
Como estilos artísticos, visto dun xeito xeral , o século comenza co Neoclásico herdado do XVIII. Este estilo remata coa caída de Napoleón en 1815. Continúa co Romanticismo entre 1820 e 1850 ,o Realismo entre 1855 e 1870, e o Impresionismo e Postimpresionismo desde 1873 ata finais de século. Non podemos esquecer outras correntes como a irmandade Prerrafaelista británica, os posteriores Arts & Crafts  o Rexionalismo en España e o inicio en 1893 do Expresionismo co "berro" de Munch... Unha sorte de estilos que cambiarán para sempre o xeito de entender a imaxe artística, e por conseguinte a imaxe como ilustración.

Pedra litográfica

Cervantes na Biblioteca García Barbón da Escola Municipal de Artes e Oficios [BIBLIOTECA]

Imaxe da edición da Biblioteca Universal Ilustrada, 1875

Cada 23 de abril celébrase en todo o planeta o "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor", desde que se acordou na 28ª reunión da UNESCO en 1995. Esta data simbólica coincide coa da desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega, aínda que esta última afirmación é moi discutible. 
Este día rende homenaxe aos libros e aos autores e fomenta o acceso á lectura para o maior número posible de persoas. Cada 23 de abril sucédense celebracións en todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros, un nexo entre o pasado e o futuro, unha ponte entre xeracións e distintas culturas.
A nosa biblioteca quere sumarse a esta conmemoración facendo unha relación das obras de Miguel de Cervantes que se conservan no noso fondo histórico.