Nagle naceu en San Francisco en 1939. Comezou a traballar coa cerámica durante a década de 1950 como estudante de secundaria. En 1961 foi aprendiz de Peter Voulkos na Universidade de California, Berkeley, e logo exhibiu o seu traballo xunto a Voulkos, Ken Price e outros artistas innovadores da costa oeste que traballan en arxila. A súa obra está inspirada en artistas como Giorgio Morandi, Lucio Fontana, Phillip Guston e George Herriman, e en formas tan variadas como a cerámica xaponesa Momoyama e os monumentos funerarios hawaianos.
Con todo, fóra do mundo da arte visual, tamén é coñecido como un prolífico compositor cun bo número de vinilos editados, entre os que se atopa Bad Rice, do que toma o título esta entrada. Atribúeselle a escritura de cancións icónicas en álbums de Jefferson Airplane, Sammy Hagar e Barbra Streisand, así como a creación de moitos dos efectos de son en "The Exorcist".
que guay! coñecía a parte musical pero non a faceta de ceramista de Ron Nagle. Mola!
ResponderEliminar