luns, 13 de abril de 2020

Mamá Dada [CERÁMICA]







“Mamá Dada” 
(California 1893 -1998) 
Foi o alcume dado a Beatrice Wood no círculo dadaísta. 









Ela non era pintora ou escultora, senón ceramista. Moitos pensarían no oficio da cerámica como unha forma de crear obxectos co fin de adornar algún espazo, pero Beatrice Woods adoptouno como a súa forma de expresión. Combinando a cerámica e o debuxo, transmítenos o seu gran humor, enxeño e alegría pola vida a través das súas pezas.




Marcel Duchamp, Francis Pacabia e Beatrice Wood en Coney Island, 1917.  (Santa Monica Museum of Art) 


A finais da década de 1930 estudou cerámica con Glen Lukens, un destacado artista e mestre, máis tarde Gertrud e Otto Natzler, aos que en 1999 a revista Modernism Magazine declarou que o traballo dos Natzlers estaba "entre a mellor cerámica de todos os tempos", aceptárona como estudante e compartiron técnicas e segredos. A obra de Beatrice Wood vese influenciada pola inxenuidade da arte popular e a filosofía oriental, sendo imposible separar as súas experiencias vitais do traballo que creou xa que realmente dominou a arte da vida. Aínda que buscaba o control das súas pezas a través do dominio da técnica, as súas eran soltas e pouco convencionais para a época, explorando libremente a forma, as combinacións de esmaltes e a casualidade, exhibindo o abrazo entre a inxenuidade artística e os resultados inesperados do forno. 

Nesta entrada destacaremos os seus traballos ao torno e a súa contribución á relectura dos lustres e reflexos metálicos hispano-árabes desta prolífica autora, que dicía que o segredo da súa lonxevidade residía en "os libros de arte, o chocolate e os homes novos".












1 comentario:

  1. Un pouco mais sobre a sua vida e obra:
    http://www.beatricewood.com/biography.html
    https://www.artsy.net/article/artsy-editorial-the-forgotten-legacy-of-cult-artist-beatrice-wood

    Hai duas peliculas que se inspiraron nela 'Jules and Jim' de François Truffaut, e 'Titanic' (o personaxe de Rose)... tempo de cinema?

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!