David Clarke
é un ourive británico, cunha visión e aplicación moi particular deste oficio.
Esta serie de artigos dedicados a artistas-ourives axúdanos a aprender que coas técnicas tradicionais e ancestrais podemos crear obxetos que van máis aló da ourivaría comercial;
corresponde programaticamente a parte da historia da ourivaría, neste caso á arte contemporánea,
e este é un dos artistas máis interesantes, que neste caso coincide e vén moi ben no momento de confinamento que estamos a pasar,
pois David Clarke traballa con obxectos cotiáns, así que seguro que despois de ler este artigo observaredes con outros ollos os obxectos de metal que temos ao noso arredor.
A súa obra podemos dicir que é unha destrución-creación dos obxectos cotiáns, reconstruídos cunha visión artística conceptual sen esquecer o humor e a sátira.
Adquire obxectos de prata que despois desmembra, modifica e reconstrúe, deixando ben marcadas as unións como cicatrices, algo que habitualmente non se fai porque sempre intentamos que as soldaduras sexan invisibles.
Experimenta nas unións con outros metais non nobres, une con estaño, corroe con chumbo, procesos que academicamente son un sacrilexio, pero a súa intención é levar ao límite a prata, a súa manipulación e desmitificación.
Estes obxectos cotiáns, reciclados e rescatados convértense en "Frankesteins", belos á súa maneira pasando a ser obxectos de culto, "ready mades metalmorfoseados".
Nas pezas que vedes a seguir a temática é a gula, esta visión irónica lévao a crear culleres infladas, todo un exercicio técnico e conceptual.
Máis xogos con vaixelas e cubertos, sempre divertido, sempre orixinal.
A seguir déixovos un vídeo onde explica o seu traballo.
podédelo escoitar en español.
Se vos interesa buscade máis información, é un artista xenial
Espero que vós guste e vos inspire!! ;D
Muy interesante !!!! Gracias Sandra
ResponderEliminarGracias Matusa ;D
ResponderEliminar