Rompemos hoxe o confinamento e viaxamos ata Ferrol, onde imos coñecer O Recuncho do Repuxado, o obradoiro de Agustín Codina.
-¿Como comezaches no Coiro?
-O meu primeiro contacto co coiro foi en 1984, un taller realizado na semana cultural nun colexio do meu barrio, facer pulseiras.
-Para a min, o coiro é un material con vida, o seu tacto e aroma transmítenme sensacións, tanto ao traballalo como na utilización de multitude de pezas no día a día.
-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
-A miña técnica favorita de decoración en coiro é o repuxado, pois tes outra dimensión máis no debuxo, ao xogar cos volumes.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
-Reprodución dun cadro a tamaño real, do Bosco, o "Xardín das Delicias".
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
-Práctica, Práctica e Práctica, non te desanimes se non sae á primeira, ponte pequenos obxectivos e sobe aos poucos de nivel.
Burís Artesanais |
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
-Teño uns burís artesanais, fabricados nos Estaleiros de Ferrol nos anos 50, agasallo de Xosefina Taibo.
-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
-Os propios Alumnos son os que máis me inspiran, coas súas inquietudes e ganas de progresar, desde os nenos ás persoas xubiladas, que é nesa etapa da súa vida cando poden facer e aprender cousas que quedaron pendentes.
Cabeza Moldeada |
Chip |
Guernica |
Coche |
Rosa |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!