mércores, 22 de abril de 2020

Construción de canas de Dulzaina-Gaita Navarra [CAIM GAITA]

Hoxe imos ver o proceso de construción das canas da dulzaina-gaita navarra. Como veredes é sensiblemente diferente, tanto na morfoloxía como na construción, das nosas palletas, mais o mecanismo é o mesmo.
Podedes comprobar tamén que nós empregamos un proceso moito mais manual, neste caso aparecen multitude de útiles mecánicos para a elaboración dos distintos procesos de construción. Estes útiles existen tamén para a fabricación das nosas palletas, mais, como temos comentado nas clases en máis dunha ocasión, polo seu elevado custo non son rendibles cando facemos as palletas para uso propio, mais si no caso de adicarnos profesionalmente a este fin.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!